En 2010/06/23 16:46, Leandro Regueiro escribiu:
2010/6/23 Miguel Solla<brado...@gmail.com>

2010/6/23 Miguel Branco<mgl.bra...@gmail.com>

2010/6/23 Miguel Solla<brado...@gmail.com>

Miguel Solla

  para anton.santamar.
mostrar detalles 16 jun (hace 7 días)
Envíolle unha copia da mensaxe que remitín ao enderezo de correo electrónico 
que figura como contacto no sitio web do VOLG (fg251...@usc.es), que veu 
devolta polo servidor.
Unha aperta.

Póñome en contacto con vostedes porque teño a intención de facer un baleirado a 
través da páxina web do VOLG de case todo o contido do Vocabulario ortográfico 
da lingua galega para actualizar o ficheiro do dicionario do verificador 
ortográfico hunspell para a lingua galega.
Tras a desaparición de Mancomún é posible que nun futuro próximo o mantemento 
do verificador vaia caer en mans do Proxecto Trasno (http://www.trasno.net/) e, 
no canto de andar a actualizar as eivas do dicionario actual cada vez que un/ha 
usuario/a detecta que falta algún lema, propúxenme, durante os meses vindeiros, 
actualizar, de vez, o conxunto do dicionario. A idea é, máis ou menos, a 
seguinte:
1. Actualizar o dicionario: para o sistema verbal empregaría o dicionario e as 
regras de afixación que desenvolvín en 2008-2009 (o seu comportamento 
descríbese no primeiro número da revista Linguamática, 
http://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/13) e facer un 
baleirado da web do VOLG para o resto de clases de palabras. A actualización 
intentaría fornecer o verificador de análise morfolóxica con todas as clases de 
palabra. Os termos marcados como incorrectos empregaríanse para facer regras de 
suxestión de termos correctos.
2. Nunha segunda fase, empregaríanse os sinónimos que ofrece o VOLG para facer 
un thesaurus para o OpenOffice e trataríanse de mellorar as regras de afixación 
existentes (contemplar o superlativo sintético de adxectivos en -ísimo, crear 
regras para algúns prefixos e sufixos...).
Todos os ficheiros aos que me referín distribuiríanse (indicando, por suposto, 
a súa procedencia) baixo os termos da licenza GPL, por iso a miña consulta: non 
sei se un baleirado da páxina web incumpre dereitos de autor ou dereitos de 
calquera outro tipo ou algunha licenza. En todo caso, diríxome a vostedes para 
saber a súa opinión sobre a viabilidade de levar a cabo o que propoño.
Un saúdo.

Responder
Reenviar



Responder
|

Antón Santamarina

  para usuario
mostrar detalles 08:29 (hace 4 horas)

Vaiche o VOLGa, non fai falta que o baixas. Por suposto tes a autorización para 
usalo nas condicións que indicas.

Estamos pendentes de corrixir, suprimir e engadir algunha palabra pero son moi 
poucas (supoñendo que fosen 12, sería o 0,02%, que non afecta gran cousa a 
funcionalidade do vocabulario)

Antón Santamarina

A bomba!!. Alégrame escoitar isto.
Btw, se de verdade hai interese en manter o diccionario aquí adiante. 
Preguntarei como está o tema en Mancomun e se non hai problema levamos o 
diccionario tal como se levaria o desenvolvemento de software: repo en git, 
pex, versións de proba...lanzamentos.
Que vos parece?.
A min interesariame manter un dicionario de bioloxía e xeoloxía, pero 
teriadesme que explicar como facelo.

Eu esperaría.
As regras de sufixación actuais están incompletas e, algunhas delas, son 
completamente falsas:
- Forma mal os femininos de palabras que rematan -ún. Ex:sobre vacún forma un 
falso feminino *vacua no canto de vacúa.
- Engade formas inexistentes no plural das palabras que rematan en -il. Ex: 
admite cadrís como plural de cadril, pero tamén forma un plural inexistente 
cadriis.
- E unha chea de imprecisións máis (dobres plurais inexistentes, non se 
contemplan plurais irregulares nin femininos atípicos, regras inadecuadas para 
o plural de palabras que rematan en -s...).
Eu aínda estou comezando, pero xa avancei bastante na formación do feminino 
(falta o plural e a anotación morfolóxica): afortunadamente as regras de 
afixación para a flexión nominal son moi poucas, pero o dicionario é realmente 
grande. Espero non tardar moito en ter unha versión que se comporte 
axeitadamente.
Despois de que exista esta versión, sería o momento de ampliar (mellor con 
dicionarios separados de especialidade).

Son moi boas novas. A ver se agora damos aclarado o resto.

Parabéns!!!!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a