Ola rapaces, temos semana de boas novas! Aprobaron a inserción da tradución ao galego dentro do Webkit! Ademais polo tanto o Chromium tamén levará a biblioteca de webkit en galego. Isto que significa? Pois que xa temos as bases para poder conseguir que proxectos baseados en webkit poidan traducirse ao galego:
Android, Chromium etc etc. Isto non significa que non teñamos que insistir máis para que poidamos ter estes produtos en galego, pero si que significa que polo menos cumprimos o mínimo para poder comezar. Unha das pegas que poñían para traducir por exemplo o Android. > https://bugs.webkit.org/show_bug.cgi?id=39547 Saúdos _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

