Despois de consultalo un chisco:

Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será
difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete incorrecta.
Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:

A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o
pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
A + un, outro...
A + todo/s...
A + calquera
...

Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o outro)

A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a forma
"moderna" en galego...)

Sempre voto aos meus/os meus
Atopei aos/os demais confundidos

O problema está a partir de aquí.

Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o SUX
con el.
Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.

  A radio informa os/aos composteláns
  As manchas de sangue delataron o/ao ladrón

Eu optaría pola forma máis conservadora:

  A radio informa os composteláns
  As manchas delatan o ladrón

Por que hai debate?
Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués (segundo
din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego presenta
unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o SUX (o
axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é
precisamente a estrutura contraria ao habitual

O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver non
aparece o -A-
O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o -A- como
reforzo
A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem


Creo que quedan claras dúas cousas

- poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións
correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
- o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode perfectamente
variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente
presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos resistencia,
acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de "restaurar"
senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a