--- Begin Message ---
Boas.

Eu tampouco podo ir (aínda que non son socio de Trasno). Por un lado
teño festas no pobo e o peor de todo, presentación do Traballo Fin de
Máster do maldito máster de Consultoría de Software Libre que estou
facendo na ESEI pola Uvigo. Mala hora me matriculei. Creo que vou ir
de empatada a presentación da nosa empresa aos inversores, total vou
palmar o máster e xa non sei sequera se o quero aprobar (xa me tocaran
os huevos de carallo).

Perdoade polo rollo.

Saúdos.

2010/7/2 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Ola a todos,
>
> Finalmente si, e espero non vos coller de vacacións, convoco a primeira
> Asemblea Xeral do 2010 da asociación para este Sábado 17 de Xullo ás 16:30
> no Centro Cívico de Monelos, A Coruña. Espero que poidades asistir todos os
> socios. Por favor, confirmádeme asistencia.
>
> No caso de que non sexades socios, convídovos igualmente a asistir á
> asemblea fundamentalmente para nos coñecer todos, ademais de para que
> poidades dar a vosa opinión nos asuntos que tratemos. Iso si, é como é
> lóxico, sen ser socio tedes voz pero non voto. Recórdovos que aínda vos
> podedes asociar, incluído ese día. Asociándovos gañades dereito a voto na
> asemblea ademais de axudarnos aos máis, coa cota de socio (15€/ano), a
> manter os servizos da web e demais gastos correntes. Xa sei que soa a
> propaganda, pero teño que dicilo :)
>
> A Orde do día:
>
> 1. Aprobar as contas do exercicio 2009
>
> 2. Proceder á renovación da directiva. Causas:
>
> - Baixa voluntaria da función de tesoureiro de Marce Villarino
>
> - Baixa voluntaria como socio de Miguel Bouzada, polo que se debe proceder a
> elección de novo Vicepresidente
>
> 3. Aprobar o plano xeral de actividades para o 2010
>
> ...e logo falamos do que sexa :)
>
> ademais dunha GPG Keysining Party!!. Ide preparando as vosas chaves!.
>
> Horario e data:
>
> De 16:30 a 20:30 [é para cando temos a sala ( para 20 persoas e con wifi)]
>
> (NB: Non marquei data antes por culpa dos estudantes e por culpa de que non
> me daban sala)
>
> Comida previa:
>
> Segundo vaiades confirmando asistencia indicádeme se queredes comer antes xa
> na city. Nese caso reservo un lugar cerca da estación de tren ou alí onde
> sirvan menú do día, p.ex.
>
> Como Chegar e Indicacións varias
>
> O centro cívico de Monelos está ao lado do centro comercial de Elviña (Gadis
> e un PCCity), a biblioteca de Elviña e de fronte aos Novos Ministerios e
> delegación da Xunta. Ten saída directa dende a Vedra, é fácil de chegar.
>
> O edificio: http://www.flickr.com/photos/93127...@n00/252198291/
>
> Mapas:
>
> Enlace ao mapa, en coche dende Santiago:
> http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=Santiago+de+Compostela,+Espa%C3%B1a&daddr=43.349111,+-8.404664&hl=gl&geocode=Fb9NjgIdAZh9_ynD0alwRv4uDTFETI2l4-mnJQ%3BFXd0lQIdSMF__w&mra=ls&sll=43.348373,-8.404326&sspn=0.002294,0.004823&ie=UTF8&t=k&z=10
>
> Enlace ao mapa, a pé dende a estación de tren (son 10 min andando):
> http://maps.google.com/maps?f=d&source=s_d&saddr=Avenida+de+Joaqu%C3%ADn+Planells+Riera&daddr=43.349111,+-8.404664&geocode=FfN_lQIdn65__w%3BFXd0lQIdSMF__w&hl=gl&mra=dme&mrcr=0&mrsp=0&sz=17&dirflg=w&sll=43.351045,-8.408843&sspn=0.004587,0.009645&ie=UTF8&ll=43.350258,-8.405818&spn=0.004587,0.009645&t=k&z=17
>
> e o da estación de buses buscádelo vós, que está tamén cerquiña. E se alguén
> chegara en avión, indícolle tamén como chegar xD
>
> Traducido, independentemente de se entrades pola AP9 ou a N550 na Coruña
> entrades pola Avenida de A Vedra (Alfonso Molina), escollede sempre o carril
> máis exterior e sairedes pola segunda saída da vía, en dirección
> "Monelos","Praza das paxariñas" ou "Corte Inglés", non recordo o rótulo
> exactamente ;). A anterior leva aos CCs de Carrefour, Espacio Coruña e ao
> Coliseum, tm ás universidades. Non, xusto a saída/incorporación seguinte.
> Usade o street view do google maps, que é fantástico!!
>
> Onde aparcar: a cousa está complicada, coma en toda a cidade. Nas
> inmediacións hai varios parkings de pago. Os do propio centro comercial
> (acceso ao mesmo lado que o centro cívico) ou nos novos ministerios (ao
> outro lado da estrada, visible dende a rotonda de acceso). Hai sitios
> arredor do centro gratuítos pero non soe haber libre ningún. Nesta zona da
> cidade é fácil que seguir de fronte te leve a outro extremo da cidade
> (literalmente), así que o primeiro sitio que vexades, zás!, e senón
> parquing. Cando me vaiades dicindo cantos sodes, busco como arranxar isto.
>
> Calquera cousa, preguntádeme.
>
> Desta volta elixín eu unilateralmente o sitio, porque xa levo bastantes
> viaxes a Santiago a conta dos papeis da asociación e do convenio. Para a
> seguinte, decidides de novo por votación e espero que os Vigueses saian
> favorecidos ;).
>
> Saúdos!!
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>

--- End Message ---
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a