En Thu, 08 Jul 2010 22:22:38 +0200, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:

2010/7/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>



2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

2010/7/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Despois de consultalo un chisco:
>
> Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será
> difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete
incorrecta.
> Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
>
> A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o
> pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
> A + un, outro...
> A + todo/s...
> A + calquera
> ...
>
> Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o
outro)
>
> A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a
forma
> "moderna" en galego...)
>
> Sempre voto aos meus/os meus
> Atopei aos/os demais confundidos
>
> O problema está a partir de aquí.
>
> Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o
SUX
> con el.
> Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.
>
>   A radio informa os/aos composteláns
>   As manchas de sangue delataron o/ao ladrón
>
> Eu optaría pola forma máis conservadora:
>
>   A radio informa os composteláns
>   As manchas delatan o ladrón

Entón en galego sería como en inglés, non?

The radio informs the "composteláns"


Si

Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou semellante),
o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A:

A radio informa diso aos composteláns


   A proper server always shows all files, but some broken servers hide
files from the user.

   Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros
mentres que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS (--OD--)
AOS USUARIOS (--OI--).

Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios». Non é que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os usuarios" é un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe para unha
acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis
significativa (relevante) cá do inglés.


Outro exemplo común

 Use this option to force the server to show all files.
 Use esta opción para forzar o servidor a mostrar todos os ficheiros.

saúdos.
estou a ler esta conversa con atención. Non podo máis que aprender, pero nos meus tempos da escola eso traducíase com

"use esta opción para forzar o servidor a mostrar todolos ficheiros"
ou incluso

"forzalo"

non son correctas?


> Por que hai debate?
> Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués
(segundo
> din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego
presenta
> unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o SUX
(o
> axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é
> precisamente a estrutura contraria ao habitual
>
> O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver non
> aparece o -A-
> O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o -A-
como
> reforzo
> A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem
>
>
> Creo que quedan claras dúas cousas
>
> - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións
> correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
> - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode
perfectamente
> variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente
> presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos
resistencia,
> acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de
"restaurar"
> senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto





--

-----------------  Xose M.  -----------------
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a