Ola:

Case teño rematada a tradución do gLabels pero atopei algúns problemass
que preciso consultar con vos.

1/ Hai unhas etiquetas nunha xanela que están feitas de tres pezas, así:

1       2               3
5.      Horiz.          waste (overprint allowed)
5.      Desperdicio     horizontal (permítese a sobreimpresión)

6.      Vert.           waste (overprint allowed)
6.      Desperdicio     vertical (permítese a sobreimpresión)

Modificando o texto das etiquetas 2 e 3 arránxase o problema pero
resulta que a etiqueta seguinte é igual, cambiando  vertical por
horizontal. O problema aparece ó querer cambiar as dúas etiquetas porque
o OmegaT recoñece que as dúas partes 3 son iguais en inglés e ao poñelas
en galego cambia unha delas automaticamente, polo que quedan dúas
etiquetas iguais. Non vexo xeito de evitar este cambio en OmegaT, así
que supoño que terei que facer o cambio a man no .po con calquera
procesador de textos. É correcto?

2/ Alguén sabe ou ten idea de como se chama en galego ás carpetas con
aneis de ferro para meter nelas follas furadas? Eu sempre falei de
"carpeta de anillas" ou de "archivadores" (estas que van moitas veces
dentro dunha caixa e poden conter unha cantidade de follas grande), pero
isto é castelán, evidentemente. O nome portugués é "pastas de arquivo" e
me parece que non se entendería ben. Algunha suxestión?

3/ Vexo que no Gnome tradúcense os nomes dos formatos de papel
americanos así:
US Letter -> Carta de US

¿A abreviatura de Estados Unidos déixase así sempre?

Grazas pola axuda

Carlos Real

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a