> 1/ Hai unhas etiquetas nunha xanela que están feitas de tres pezas, así:
> 
> 1     2               3
> 5.    Horiz.          waste (overprint allowed)
> 5.    Desperdicio     horizontal (permítese a sobreimpresión)
> 
> 6.    Vert.           waste (overprint allowed)
> 6.    Desperdicio     vertical (permítese a sobreimpresión)
> 
> Modificando o texto das etiquetas 2 e 3 arránxase o problema pero
> resulta que a etiqueta seguinte é igual, cambiando  vertical por
> horizontal. O problema aparece ó querer cambiar as dúas etiquetas porque
> o OmegaT recoñece que as dúas partes 3 son iguais en inglés e ao poñelas
> en galego cambia unha delas automaticamente, polo que quedan dúas
> etiquetas iguais. Non vexo xeito de evitar este cambio en OmegaT, así
> que supoño que terei que facer o cambio a man no .po con calquera
> procesador de textos. É correcto?

Sospeito que o cambio hai que facelo no ficheiro orixinal en inglés. Coido que 
terás que informar aos desenvolvedores (encargados da internacionalización) de
que na túa lingua se traducen distinto, para que o internacionalicen 
correctamente (e o novo POT simplemente terḉas que mesturalo co teu PO 
actual).

Falo asumindo que se traducen distinto, que realmente non o sei.

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a