O Luns 12 Xullo 2010 20:52:03 Carlos Real escribiu:

> Modificando o texto das etiquetas 2 e 3 arránxase o problema pero
> resulta que a etiqueta seguinte é igual, cambiando  vertical por
> horizontal. O problema aparece ó querer cambiar as dúas etiquetas porque
> o OmegaT recoñece que as dúas partes 3 son iguais en inglés e ao poñelas
> en galego cambia unha delas automaticamente, polo que quedan dúas
> etiquetas iguais. Non vexo xeito de evitar este cambio en OmegaT, así
> que supoño que terei que facer o cambio a man no .po con calquera
> procesador de textos. É correcto?

Non entendo moi ben porque o OmegaT fai iso, a verdade. Será un bug do 
programa máis ca un erro de internacionalización?. Abre o .po cun editor de 
texto calquera e cambia como vexas. Os de pt_PT e pt_BR fixeron o seguinte: 

> #: ../data/glade/template-designer.glade.h:14
> msgid "4. Horiz. waste (overprint allowed):"
> msgstr "4. Desperdício horizontal (impressão sobreposta permitida):"
> 
> #: ../data/glade/template-designer.glade.h:15
> msgid "5. Vert. waste (overprint allowed):"
> msgstr "5. Desperdício vertical (impressão sobreposta permitida):"


> 2/ Alguén sabe ou ten idea de como se chama en galego ás carpetas con
> aneis de ferro para meter nelas follas furadas? Eu sempre falei de
> "carpeta de anillas" ou de "archivadores" (estas que van moitas veces
> dentro dunha caixa e poden conter unha cantidade de follas grande), pero
> isto é castelán, evidentemente. O nome portugués é "pastas de arquivo" e
> me parece que non se entendería ben. Algunha suxestión?

Supoño que simplemente "arquivador", como di Adrián.  O digalego di:
>s m Moble ou caixa utilizada para gardar documentos, fichas ou outros papeis.

> 3/ Vexo que no Gnome tradúcense os nomes dos formatos de papel
> americanos así:
> US Letter -> Carta de US
> 
> ¿A abreviatura de Estados Unidos déixase así sempre?
Si, semella un erro. Como di Adrián, ou EE.UU ou EUA. Eu prefiro o segundo 
anacrónico, que é máis fidedigno ao orixinal ianqui USA, ademais de ser 
específico, son os "estados unidos" pero dalgún lado, "de América". 

Só unha nota, o par ¿? xa non se usa na nova norma, só ? ao remate, bardante 
de que se o contexto faga difícil ao lector distinguila dunha enunciativa, 
nese caso si, recorrese ao ¿?. 

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a