Acabo de facer un modelo para marcar páxinas do wiki para que os mantedores as 
borren. Cando se queira que se borre unha páxina ─como é o caso da «Battle for 
Wesnoth», que agora está no Drupal─, abondará con substituír o seu contido por 
«{{lixo}}» (ou simplemente engadir isto nalgunha parte da páxina) e quedará 
listada na categoría de «Páxinas para borrar» 
(http://wiki.trasno.net/Categoría:Páxinas_para_borrar) co que aos mantedores 
lles resultará doado atopar este tipo de páxinas cando teñan tempo de 
ocuparse.

PS: é un modelo completamente básico porque non creo que faga falla máis para 
o noso wiki.

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a