Eu teño que falalo coa rapaza, porque me xurdiron unhas ocupacións para ese
día e vou ter o coche no taller... pero case seguro que vou para o comezo
(nese caso, iríamos, que ela tamén se apunta). Xa o confirmarei cando sexa
seguro.

2010/7/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> Ola,
>
> Acordádevos de que o Cinestable ( http://cc.inestable.org/ ) é este día 5
> ás 18:30 na Casa da Cultura no Concello de Ordes.
> Temos pendente dar ese premio á mellor curta en galego.Cantos máis nos
> poidamos achegar alí mellor, entre todos escollemos o noso premiado.
>
> O sistema vai ser así:
> - ás 18:00 abren a casa da cultura e o auditorio
> - ás 18:30 comeza a gala coa reprodución de cintas que van fóra de
> concurso. Haberá previsiblemente varios descansos.
> - ás 21:00 apróx comezará a proxección das cintas a concurso
> - vistas as cintas (aprox 22:00), o xurado (inestable + concello de ordes +
> algún invitado) concede dous premios e nós, trasno, escollemos o premio á
> mellor curta en galego. Os premios non son excluíntes, unha curta pode levar
> os tres.
> - foghetes e prá casa
>
> Só para que teñades unha referencia
> - Os videos fóra de concurso son moi bos. Algún vai subtitulado ao galego.
> En http://wiki.inestable.org/ >> cinestable tedes a lista dos que se
> emiten.
> - Os vídeos que se presenta a concurso: (dos que vin, que non son todos)
> hai algún de bastante calidade, algún caseiro totalmente e algún moi
> simpático (un p.ex con escenas de  xente debullando mainzo).
>
> Podédes chegar á hora que queirades, entrada libre. Como non sei
> exactamente a que hora podo chegar ese día, confirmádeme os que queirades
> vir e a que hora chegades. Así deixo aos rapaces de inestables avisados para
> que vos fagan de anfitrións. De feito ofrecéronnos xantar incluso.
>
> Saúdos!
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a