Ola Iván e todos,

Estou a facer unha revisión  da tradución para achegar o estilo e a
terminoloxía o máis posible ao estándar actual.
A idea é que esta tradución pase a ser un proxecto seguido desde o noso
grupo... e sumar un tradutor competente máis :-)

En canto acabe a revisión teño a idea de subilo ao Pootle de Trasno; xa o
intentara hai uns meses de feito pero xurdiran os problemas do servidor. Así
poderase facer o seguimento correspondente. Logo de que estea exposta a
tradución e pase un tempo prudencial para revisións remitiriase ao proxecto
Filezilla a tempo para a seguinte versión. Serviría este movemento tamén
para ver como se pode empregar o Pootle para facer seguimento a través de
versións futuras nos aplicativos.

Haberá que crear unha páxina no web de Trasno para o FileZilla,

Aquí andamos varios tamén co Calibre :-) a ver se vai caendo xa.


Saúdos,

Antón Méixome




2010/8/3 Iván Méndez López <ivan.mendez.lo...@gmail.com>

> Bo día
>
> Hai unhas semanas Antón Méixome contactou comigo como anterior
> responsábel da tradución do FIleZille ao galego para que actualizase a
> tradución. Despois duns días de traballo, rematei a tradución que
> envío a esta rolda para os efectos oportunos, como se diría.
>
> Ao mesmo tempo aproveito para ofrecervos a miña colaboración naqueles
> proxectos que teñades. Neste momento estou a traducir o calibre, un
> xestor e creador de libros electrónicos.
>
> Un saúdo
>
>
> --
> Iván Méndez López
>
> Sabes que a tinta da impresora é o líquido máis caro que existe? Está
> por enriba doutros líquidos como o perfume Chanel Nº5 (1.300 euros por
> litro), ou a champaña Dom Perignon (400). Non imprimas este correo se
> non for preciso e se o tes que imprimir, podes usar a Ecofont, unha
> tipografía que aforra até o 20% de tinta
> (http://www.ecofont.eu/ecofont_pt.html). Coida o medio e o teu peto!
>
> Se tes vagar, recoméndoche visitar as páxinas http://www.ctnl.org ,
> http://normalizacioncerceda.blogaliza.org e
> http://navegaengalego.blogaliza.org, e para coñeceres máis sobre min
> http://www.google.com/profiles/ivan.mendez.lopez.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a