Creada a páxina de FileZilla como páxina dentro do apartado Proxectos de
tradución → Aplicativos de uso xeral


2010/8/3 Antón Méixome <cert...@certima.net>

> Ola Iván e todos,
>
> Estou a facer unha revisión  da tradución para achegar o estilo e a
> terminoloxía o máis posible ao estándar actual.
> A idea é que esta tradución pase a ser un proxecto seguido desde o noso
> grupo... e sumar un tradutor competente máis :-)
>
> En canto acabe a revisión teño a idea de subilo ao Pootle de Trasno; xa o
> intentara hai uns meses de feito pero xurdiran os problemas do servidor. Así
> poderase facer o seguimento correspondente. Logo de que estea exposta a
> tradución e pase un tempo prudencial para revisións remitiriase ao proxecto
> Filezilla a tempo para a seguinte versión. Serviría este movemento tamén
> para ver como se pode empregar o Pootle para facer seguimento a través de
> versións futuras nos aplicativos.
>
> Haberá que crear unha páxina no web de Trasno para o FileZilla,
>
> Aquí andamos varios tamén co Calibre :-) a ver se vai caendo xa.
>
>
> Saúdos,
>
> Antón Méixome
>
>
>
>
> 2010/8/3 Iván Méndez López <ivan.mendez.lo...@gmail.com>
>
>> Bo día
>>
>> Hai unhas semanas Antón Méixome contactou comigo como anterior
>> responsábel da tradución do FIleZille ao galego para que actualizase a
>> tradución. Despois duns días de traballo, rematei a tradución que
>> envío a esta rolda para os efectos oportunos, como se diría.
>>
>> Ao mesmo tempo aproveito para ofrecervos a miña colaboración naqueles
>> proxectos que teñades. Neste momento estou a traducir o calibre, un
>> xestor e creador de libros electrónicos.
>>
>> Un saúdo
>>
>>
>> --
>> Iván Méndez López
>>
>> Sabes que a tinta da impresora é o líquido máis caro que existe? Está
>> por enriba doutros líquidos como o perfume Chanel Nº5 (1.300 euros por
>> litro), ou a champaña Dom Perignon (400). Non imprimas este correo se
>> non for preciso e se o tes que imprimir, podes usar a Ecofont, unha
>> tipografía que aforra até o 20% de tinta
>> (http://www.ecofont.eu/ecofont_pt.html). Coida o medio e o teu peto!
>>
>> Se tes vagar, recoméndoche visitar as páxinas http://www.ctnl.org ,
>> http://normalizacioncerceda.blogaliza.org e
>> http://navegaengalego.blogaliza.org, e para coñeceres máis sobre min
>> http://www.google.com/profiles/ivan.mendez.lopez.
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a