Tentarei estar ás 18.00 e ter visto os vídeos antes.

Xosé

2010/8/1 Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com>

> Eu teño que falalo coa rapaza, porque me xurdiron unhas ocupacións para ese
> día e vou ter o coche no taller... pero case seguro que vou para o comezo
> (nese caso, iríamos, que ela tamén se apunta). Xa o confirmarei cando sexa
> seguro.
>
> 2010/7/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>
>> Ola,
>>
>> Acordádevos de que o Cinestable ( http://cc.inestable.org/ ) é este día 5
>> ás 18:30 na Casa da Cultura no Concello de Ordes.
>> Temos pendente dar ese premio á mellor curta en galego.Cantos máis nos
>> poidamos achegar alí mellor, entre todos escollemos o noso premiado.
>>
>> O sistema vai ser así:
>> - ás 18:00 abren a casa da cultura e o auditorio
>> - ás 18:30 comeza a gala coa reprodución de cintas que van fóra de
>> concurso. Haberá previsiblemente varios descansos.
>> - ás 21:00 apróx comezará a proxección das cintas a concurso
>> - vistas as cintas (aprox 22:00), o xurado (inestable + concello de ordes
>> + algún invitado) concede dous premios e nós, trasno, escollemos o premio á
>> mellor curta en galego. Os premios non son excluíntes, unha curta pode levar
>> os tres.
>> - foghetes e prá casa
>>
>> Só para que teñades unha referencia
>> - Os videos fóra de concurso son moi bos. Algún vai subtitulado ao galego.
>> En http://wiki.inestable.org/ >> cinestable tedes a lista dos que se
>> emiten.
>> - Os vídeos que se presenta a concurso: (dos que vin, que non son todos)
>> hai algún de bastante calidade, algún caseiro totalmente e algún moi
>> simpático (un p.ex con escenas de  xente debullando mainzo).
>>
>> Podédes chegar á hora que queirades, entrada libre. Como non sei
>> exactamente a que hora podo chegar ese día, confirmádeme os que queirades
>> vir e a que hora chegades. Así deixo aos rapaces de inestables avisados para
>> que vos fagan de anfitrións. De feito ofrecéronnos xantar incluso.
>>
>> Saúdos!
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
>
> --
>
> Xabier Villar
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a