Ola,

@xosé @Xabier estanme pedindo unha foto para colgar na web do cinestable (
cc.inestable.org) dos membros do xurado (hai algún famoso e todo!), e queren
unhas nosas. Podería ser?. Fotos vosas só teño da asemblea constituindo,
unhas que non son moita cousa, se valen esas esas pásoas, senón adxuntade
unha na que saiades ben lambeiteiros ;)

2010/8/3 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> Nada, vós á hora que poidades. Os vídeos a concurso emítense alí, non os
> teñen subidos en ningures, emitenos no auditorio dende as 21:00.
>
> En principio eu ou vou chegar sobre das 20:30 (igual podo estar toda a
> tarde) pero xa deixei aos inestables avisados**. Cando chegue faranme un oco
> no xurado e a hora de repartir o premio temos uns minutiños para contar quen
> somos e tal. Se non estou eu (ou vos apetece), tócanvos ámbalas dúas cousas
> ;)
>
>
> ** eivos pasar tlf de contacto e senón autopresentádesvos aos que estean no
> merchandaising, ou de acomodadores.
>
> 2010/8/3 Xosé <xoseca...@gmail.com>
>
> Tentarei estar ás 18.00 e ter visto os vídeos antes.
>>
>> Xosé
>>
>> 2010/8/1 Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com>
>>
>> Eu teño que falalo coa rapaza, porque me xurdiron unhas ocupacións para
>>> ese día e vou ter o coche no taller... pero case seguro que vou para o
>>> comezo (nese caso, iríamos, que ela tamén se apunta). Xa o confirmarei cando
>>> sexa seguro.
>>>
>>> 2010/7/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>>>
>>>>  Ola,
>>>>
>>>> Acordádevos de que o Cinestable ( http://cc.inestable.org/ ) é este día
>>>> 5 ás 18:30 na Casa da Cultura no Concello de Ordes.
>>>> Temos pendente dar ese premio á mellor curta en galego.Cantos máis nos
>>>> poidamos achegar alí mellor, entre todos escollemos o noso premiado.
>>>>
>>>> O sistema vai ser así:
>>>> - ás 18:00 abren a casa da cultura e o auditorio
>>>> - ás 18:30 comeza a gala coa reprodución de cintas que van fóra de
>>>> concurso. Haberá previsiblemente varios descansos.
>>>> - ás 21:00 apróx comezará a proxección das cintas a concurso
>>>> - vistas as cintas (aprox 22:00), o xurado (inestable + concello de
>>>> ordes + algún invitado) concede dous premios e nós, trasno, escollemos o
>>>> premio á mellor curta en galego. Os premios non son excluíntes, unha curta
>>>> pode levar os tres.
>>>> - foghetes e prá casa
>>>>
>>>> Só para que teñades unha referencia
>>>> - Os videos fóra de concurso son moi bos. Algún vai subtitulado ao
>>>> galego. En http://wiki.inestable.org/ >> cinestable tedes a lista dos
>>>> que se emiten.
>>>> - Os vídeos que se presenta a concurso: (dos que vin, que non son todos)
>>>> hai algún de bastante calidade, algún caseiro totalmente e algún moi
>>>> simpático (un p.ex con escenas de  xente debullando mainzo).
>>>>
>>>> Podédes chegar á hora que queirades, entrada libre. Como non sei
>>>> exactamente a que hora podo chegar ese día, confirmádeme os que queirades
>>>> vir e a que hora chegades. Así deixo aos rapaces de inestables avisados 
>>>> para
>>>> que vos fagan de anfitrións. De feito ofrecéronnos xantar incluso.
>>>>
>>>> Saúdos!
>>>>
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>>
>>>
>>>
>>> --
>>>
>>> Xabier Villar
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a