2010/8/9 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> 2010/8/9 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
>> Ola rapaces,
>>
>> estou traducindo o gnome-color-manager, Xestor de perfiles ICC para
>> pantalla e impresión (un dos puntos fracos que viña carrexando o Linux
>> desde fai tempo) e estou tendo certos problemas con "tecnicismos" ou
>> conceptos que foxen da miña formación.
>>
>> Neste momento o que máis me está atrancando é o "Soft-proofing", segundo
>> a Wikipedia en inglés (http://en.wikipedia.org/wiki/Monitor_proofing) o
>> softproofing é:
>>
>> "Monitor proofing or soft-proofing is a step in the prepress printing
>> process. It uses specialized computer software and hardware to check the
>> accuracy of text and images used for printed products. Monitor proofing
>> differs from conventional forms of “hard-copy” or ink-on-paper color
>> proofing in its’ use of a calibrated display(s) as the output device"
>>
>> Como traducimos isto no galego? Estiven tentando ver como o traducen o
>> resto pero polo momento como estes "tecnicismos" só levan uns días no
>> repositorio ninguén os ten completados.
>>
>> En calquera caso sería conveniente que alguén que tivera un amigo
>> fotógrafo, impresor profesional ou algo relacionado co campo o estudara
>> con detenemento. Non incluirei ningunha tradución "rápida" e ante a
>> posibilidade da non tradución faría algo como "Usar o «soft-proofing»
>> para blablabla"
>>
>> Saúdos!
>
> No eido das artes gráficas chamaselle "corrección de probas (de imprenta)",
> é unha impresión preliminar na que se ve o restudao final, para comprobar os
> distintos aspectos. Nos tempos da impresión tipográfica, para comprobar que
> os textos estaban debidamentes compostos, imprimianse nunhas tiras que eran
> coñecidas como "galeradas"
>
> a ver si esto axuda:
> http://www.editorialcinema.com.ar/servicios/correccion-de-pruebas/index.shtml

Non teño moita idea do tema, pero se mal non lembro na charla sobre
Inkscape que deu Denís na xornadas de audio e gráficos na FIC comentou
o tema de pasada, así que pregúntalle a el por se acaso. E se el non
sabe do tema igual o rapaz que deu a charla do Scribus sabe máis do
tema.

Se mal non entendín ao ler a páxina da Wikipedia son probas "sen
imprimir nada", cousas como facer probas en pantalla e cousas dese
xeito.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a