Boas Jorge! Que casualidade, fai uns días mantiven unhas conversas con
Marce, xa que me comentaran que el era o coordinador das traducións ao
galego de Debian. Desgraciadamente e por falta de tempo comentoume que xa
non era así.

Polo que me comentou, soamente hai unha ou dúas persoas a traducir Debian.
Eu comenteille que estaba interesado en colaborar xa que é a distro que
emprego a miúdo.

Agora mesmo estou co *Firestarter* e despois ao mellor me poño co *
pulseaudio*; polo que conta comigo para colaborar nas traducións de Debian
;)


2010/8/13 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>

> Ola Jorge,
>
> Parabéns polo traballo!
>
> Polo que comentas aí tamén hai moito que traducir en Debian. Eu estou en
> GNOME traducindo o core, documentación e máis cousiñas
> (http://l10n.gnome.org/teams/gl). En principio con 20 minutos de
> tradución cada día pode levalo unha persoa sen problema.
>
> Máis temos que artellar algo desde Trasno para conseguir tradutores
> "formados", explícome: contactar con algún profesor de universidade e
> que poida meter como traballo de clase ou algo polo estilo a tradución
> dun aplicativo que nos lle suxerimos.
>
> Coido que isto podería ser unha solución ao escaso índice de
> participación continuada da xente. Como dixo Miguel, aquí somos poucos
> que estamos dando o callo todos os días, e moita máis xente que colabora
> esporadicamente. O interese, pois, é conseguir máis xente sexa
> colaborador esporádico ou permanente.
>
> Coido que ti escolliches un lugar idóneo para traballar, aquí
> escoitarasme moitísimas veces que hai "que traballar con upstream", a
> xente está xa cansada de oírmo.
>
> Pregunta? De canta cantidade de traballo estás falando en Debian? Cicáis
> 15.000 cadeas, menos...
> Eu en GNOME estou no 100% sempre da interface de usuario. E até o de
> agora non había nada traducido da documentación máis agora aproveitando
> que en GNOME están redactando nova documentación en Mallard estoulle
> dando.
>
> Polo que agora mesmo en GNOME (core e documentación) hai por traducir
> unhas 8000 cadeas. Pero ten truco porque son só de documentación, e só
> estou contando a que está actualizada e convertida a Mallard. Nos
> seguintes meses, e con vistas á versión 3.0, ampliarase
> substancialmente.
>
> Saúdos
>
> O Ven, 13-08-2010 ás 11:08 +0200, Jorge Barreiro escribiu:
> > On Thursday 12 August 2010 19:11:24 Adrián Chaves Fernández wrote:
> > > Alguén ten ou sabe como conseguir unha lista de tradutores de software
> > > libre ─Trasno ou non (alguén traduce fóra de Trasno?)─ ACTIVOS (algunha
> > > tradución nos últimos tres meses, ocórreseme)?
> > >
> > > Alguén ten unha estimación en número?
> > >
> > > Eu digo que nos achegamos aos 15, pero agora teño as miñas dúbidas.
> >
> > Boas,
> >
> > eu púxenme a traducir o instalador de debian, o cal teño ó 100% agora
> mesmo. E
> > púxenme a actualizar os planteis debconf, pero a un ritmo moi lento.
> >
> > Aproveito para comentar que se alguén máis quere colaborar en isto, aquí
> hai
> > moito por traducir.
> >
> > Saúdos.
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
http://trasno.net/
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
http://www.jabberes.org/

Un saúdo!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a