O Venres, 13 de Agosto de 2010 14:56:17 Anxo Outeiral Vidal escribiu:
> Boas Jorge! Que casualidade, fai uns días mantiven unhas conversas con
> Marce, xa que me comentaran que el era o coordinador das traducións ao
> galego de Debian. Desgraciadamente e por falta de tempo comentoume que xa
> non era así.
> 
> Polo que me comentou, soamente hai unha ou dúas persoas a traducir Debian.
> Eu comenteille que estaba interesado en colaborar xa que é a distro que
> emprego a miúdo.
> 
> Agora mesmo estou co *Firestarter* e despois ao mellor me poño co *
> pulseaudio*; polo que conta comigo para colaborar nas traducións de Debian
> ;)
> 

Boas Anxo,

eu tamén contactei con Marce, e parece que xa non ten tempo para estas cousas. 
O certo é que non sei de ninguén máis que estea a facer nada específico de 
Debian, e as traducións existentes son ou de Jacobo ou de Marce.

O certo é que me gustaría que fósemos polo menos dúas persoas, para poder 
revisar un o traballo do outro. As cadeas son en xeral moi técnicas e eu estou 
empezando con isto das traducións, así que éntranme moitas dúbidas. Sería unha 
boa forma de asegurar unha mínima calidade de tradución.

Saúdos.

> 2010/8/13 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
> 
> > Ola Jorge,
> > 
> > Parabéns polo traballo!
> > 
> > Polo que comentas aí tamén hai moito que traducir en Debian. Eu estou en
> > GNOME traducindo o core, documentación e máis cousiñas
> > (http://l10n.gnome.org/teams/gl). En principio con 20 minutos de
> > tradución cada día pode levalo unha persoa sen problema.
> > 
> > Máis temos que artellar algo desde Trasno para conseguir tradutores
> > "formados", explícome: contactar con algún profesor de universidade e
> > que poida meter como traballo de clase ou algo polo estilo a tradución
> > dun aplicativo que nos lle suxerimos.
> > 
> > Coido que isto podería ser unha solución ao escaso índice de
> > participación continuada da xente. Como dixo Miguel, aquí somos poucos
> > que estamos dando o callo todos os días, e moita máis xente que colabora
> > esporadicamente. O interese, pois, é conseguir máis xente sexa
> > colaborador esporádico ou permanente.
> > 
> > Coido que ti escolliches un lugar idóneo para traballar, aquí
> > escoitarasme moitísimas veces que hai "que traballar con upstream", a
> > xente está xa cansada de oírmo.
> > 
> > Pregunta? De canta cantidade de traballo estás falando en Debian? Cicáis
> > 15.000 cadeas, menos...
> > Eu en GNOME estou no 100% sempre da interface de usuario. E até o de
> > agora non había nada traducido da documentación máis agora aproveitando
> > que en GNOME están redactando nova documentación en Mallard estoulle
> > dando.
> > 
> > Polo que agora mesmo en GNOME (core e documentación) hai por traducir
> > unhas 8000 cadeas. Pero ten truco porque son só de documentación, e só
> > estou contando a que está actualizada e convertida a Mallard. Nos
> > seguintes meses, e con vistas á versión 3.0, ampliarase
> > substancialmente.
> > 
> > Saúdos
> > 
> > O Ven, 13-08-2010 ás 11:08 +0200, Jorge Barreiro escribiu:
> > > On Thursday 12 August 2010 19:11:24 Adrián Chaves Fernández wrote:
> > > > Alguén ten ou sabe como conseguir unha lista de tradutores de
> > > > software libre ─Trasno ou non (alguén traduce fóra de Trasno?)─
> > > > ACTIVOS (algunha tradución nos últimos tres meses, ocórreseme)?
> > > > 
> > > > Alguén ten unha estimación en número?
> > > > 
> > > > Eu digo que nos achegamos aos 15, pero agora teño as miñas dúbidas.
> > > 
> > > Boas,
> > > 
> > > eu púxenme a traducir o instalador de debian, o cal teño ó 100% agora
> > 
> > mesmo. E
> > 
> > > púxenme a actualizar os planteis debconf, pero a un ritmo moi lento.
> > > 
> > > Aproveito para comentar que se alguén máis quere colaborar en isto,
> > > aquí
> > 
> > hai
> > 
> > > moito por traducir.
> > > 
> > > Saúdos.
> > > _______________________________________________
> > > Proxecto mailing list
> > > Proxecto@trasno.net
> > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> > 
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a