Aparte de vós penso que inda algún máis por aí segue interesado no tema de
Debian co cal sodes máis de dous. Por favor, abride un fío novo para
argallar unha coordenación e usade/pedide os espazos na web que precisedes
(wiki, sección na web...).

Saúdos!

2010/8/16 Jorge Barreiro <yortx.ba...@gmail.com>

> O Venres, 13 de Agosto de 2010 14:56:17 Anxo Outeiral Vidal escribiu:
> > Boas Jorge! Que casualidade, fai uns días mantiven unhas conversas con
> > Marce, xa que me comentaran que el era o coordinador das traducións ao
> > galego de Debian. Desgraciadamente e por falta de tempo comentoume que xa
> > non era así.
> >
> > Polo que me comentou, soamente hai unha ou dúas persoas a traducir
> Debian.
> > Eu comenteille que estaba interesado en colaborar xa que é a distro que
> > emprego a miúdo.
> >
> > Agora mesmo estou co *Firestarter* e despois ao mellor me poño co *
> > pulseaudio*; polo que conta comigo para colaborar nas traducións de
> Debian
> > ;)
> >
>
> Boas Anxo,
>
> eu tamén contactei con Marce, e parece que xa non ten tempo para estas
> cousas.
> O certo é que non sei de ninguén máis que estea a facer nada específico de
> Debian, e as traducións existentes son ou de Jacobo ou de Marce.
>
> O certo é que me gustaría que fósemos polo menos dúas persoas, para poder
> revisar un o traballo do outro. As cadeas son en xeral moi técnicas e eu
> estou
> empezando con isto das traducións, así que éntranme moitas dúbidas. Sería
> unha
> boa forma de asegurar unha mínima calidade de tradución.
>
> Saúdos.
>
> > 2010/8/13 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
> >
> > > Ola Jorge,
> > >
> > > Parabéns polo traballo!
> > >
> > > Polo que comentas aí tamén hai moito que traducir en Debian. Eu estou
> en
> > > GNOME traducindo o core, documentación e máis cousiñas
> > > (http://l10n.gnome.org/teams/gl). En principio con 20 minutos de
> > > tradución cada día pode levalo unha persoa sen problema.
> > >
> > > Máis temos que artellar algo desde Trasno para conseguir tradutores
> > > "formados", explícome: contactar con algún profesor de universidade e
> > > que poida meter como traballo de clase ou algo polo estilo a tradución
> > > dun aplicativo que nos lle suxerimos.
> > >
> > > Coido que isto podería ser unha solución ao escaso índice de
> > > participación continuada da xente. Como dixo Miguel, aquí somos poucos
> > > que estamos dando o callo todos os días, e moita máis xente que
> colabora
> > > esporadicamente. O interese, pois, é conseguir máis xente sexa
> > > colaborador esporádico ou permanente.
> > >
> > > Coido que ti escolliches un lugar idóneo para traballar, aquí
> > > escoitarasme moitísimas veces que hai "que traballar con upstream", a
> > > xente está xa cansada de oírmo.
> > >
> > > Pregunta? De canta cantidade de traballo estás falando en Debian?
> Cicáis
> > > 15.000 cadeas, menos...
> > > Eu en GNOME estou no 100% sempre da interface de usuario. E até o de
> > > agora non había nada traducido da documentación máis agora aproveitando
> > > que en GNOME están redactando nova documentación en Mallard estoulle
> > > dando.
> > >
> > > Polo que agora mesmo en GNOME (core e documentación) hai por traducir
> > > unhas 8000 cadeas. Pero ten truco porque son só de documentación, e só
> > > estou contando a que está actualizada e convertida a Mallard. Nos
> > > seguintes meses, e con vistas á versión 3.0, ampliarase
> > > substancialmente.
> > >
> > > Saúdos
> > >
> > > O Ven, 13-08-2010 ás 11:08 +0200, Jorge Barreiro escribiu:
> > > > On Thursday 12 August 2010 19:11:24 Adrián Chaves Fernández wrote:
> > > > > Alguén ten ou sabe como conseguir unha lista de tradutores de
> > > > > software libre ─Trasno ou non (alguén traduce fóra de Trasno?)─
> > > > > ACTIVOS (algunha tradución nos últimos tres meses, ocórreseme)?
> > > > >
> > > > > Alguén ten unha estimación en número?
> > > > >
> > > > > Eu digo que nos achegamos aos 15, pero agora teño as miñas dúbidas.
> > > >
> > > > Boas,
> > > >
> > > > eu púxenme a traducir o instalador de debian, o cal teño ó 100% agora
> > >
> > > mesmo. E
> > >
> > > > púxenme a actualizar os planteis debconf, pero a un ritmo moi lento.
> > > >
> > > > Aproveito para comentar que se alguén máis quere colaborar en isto,
> > > > aquí
> > >
> > > hai
> > >
> > > > moito por traducir.
> > > >
> > > > Saúdos.
> > > > _______________________________________________
> > > > Proxecto mailing list
> > > > Proxecto@trasno.net
> > > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> > >
> > > _______________________________________________
> > > Proxecto mailing list
> > > Proxecto@trasno.net
> > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a