2010/8/19 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com>:
> Vou comezar polos termos moi tecnicos. Algúns non sei se traducilos ou
> deixalos como están e outro teño dúbidas:
>
> Firewall -> estou a empregar devasa, é correcto? e por certo, de onde ven a
> palabra devasa?

Adiante. Segundo as discusións de terminoloxía que chegaron a algures
sobre o tema este fora "devasa" o termo elixido. Outra cousa é o que
aparece nas traducións.

> tos -> Isto ven sendo tipo de servizo. Traduzoo coma tds? ou dexo tos?

Eu poría TOS. Asegúrate ben de que é isto ao que se refire, non vaia ser o demo.

> Type of Service -> Tipo de servizo non?

Si.

> iptables -> Supoño que en galego non ten tradución. Deixoo en ingleś logo?

É un programa. Non se traduce.

> LAN -> rede de área local? ou rede local?

Se aparece como LAN, podes deixalo como LAN.

> Throughput -> Taxa de transferencia?

En http://en.gl.open-tran.eu/suggest/Throughput vexo que usaron
"tránsito", aínda que consultando outras fontes parece que se usa iso
de "taxa de transferencia".

> Timestamping -> Código de tempo? http://es.wikipedia.org/wiki/Timestamp

"marca de tempo" é o máis usado nas traducións e nos glosarios dispoñibles.

> Traceroute -> Deixoo coma esta? Ou podo traducilo por: trazador de rutas,
> rastrexador de rutas, seguidor de rutas, rastrexador de camiños?

Traceroute é o nome doutro programa.

> IP address -> como se traduce? como enderezo IP ou coma dirección IP?

Enderezo IP. Lembra que é masculino.

> Hits -> peticións, accesos? Exemplo: Filter out sequences of identical hits.

Non sei. Esta sempre foi dificil de traducir porque hai outro termo
moi parecido a este. Aquí aparece como "impacto"
http://webs.uvigo.es/sli/glinternet/i.htm#impacto pero habería que
comparalo con outros glosarios e as traducións que se usaron.

> Hit View -> vista de peticións? vista de accesos? lista de peticións? No
> firestarter a hit view é a columna onde aparece "Hora" "Dirección" "Porto"
> etc..
>
> Direction -> Soamente aparece na columna de Hit View. QUe poño, dirección ou
> enderezo?

Enderezo.

> Policy -> política? norma? A verdade e que neste programa en xeral para
> todas as cadeas queda mellor "normativa", pero ao mellor é un castelanismo.

Vexo que nas traducións se usou sobre todo "política" que é o que
aparece maiormente nos glosarios, pero tamén se traduciu como
"directiva", "norma", "regra"...

> DCHP leases -> concesións DHCP? arrendamentos DHCP? préstamos DHCP?

Non mirei a que se refire isto, pero busquei "lease" no open-tran:
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/lease e todos os resultados son da
tradución de openSuse, concretamente dos módulos de DHCP. Alí usouse
"lease"="asignación" o que non sei se é correcto porque non lembro se
ese foi un dos módulos que se revisou a conciencia ao traducilo ou se
foi un dos que se completou sen mirar as traducións anteriores. En
todo caso "asignación" parece en principio unha boa tradución, xa que
DHCP o que fai é recibir peticións de ordenadores (en realidade
interfaces de rede, pero xa me entendedes) e DHCP asígnalles un
enderezo IP do "pool" de enderezos libres.

> Source Quenching -> Extinción das fontes? Exceso de tráfico? fontes
> extinguíbeis?

Creo que se refire a isto http://en.wikipedia.org/wiki/ICMP_Source_Quench

Polo que lin nesa páxina é unha mensaxe que envía un encamiñador ou un
ordenador en caso de que teña os búfers case cheos, para que algún
ordenador que lle está enviando moitos paquetes "reduza" o tráfico que
se dirixe a ese encamiñador/ordenador saturado.

> cable modem -> módem de fíos? módem de cable?

Vexo "cable módem" e "módem por cable". Habería que discutilo.

> choices -> escollas? eleccións?

"Escollas" podería valer. Hai que ter en conta que a veces depende do
contexto. Tamén podería ser "opcións".

> Bueno nada máis de momento, cando teñamos isto listo, poñereivos as frases
> nas que dubido nalgúns termos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a