Concordo con Lendro, non teño que engadir máis.

O Lun, 23-08-2010 ás 20:01 +0200, Anxo Outeiral Vidal escribiu:
> Grazas Leandro! Algún máis que desexa dar a súa opinión antes de que
> poña as outras frases?
> 
> 2010/8/20 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>         2010/8/19 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com>:
>         > Vou comezar polos termos moi tecnicos. Algúns non sei se
>         traducilos ou
>         > deixalos como están e outro teño dúbidas:
>         >
>         > Firewall -> estou a empregar devasa, é correcto? e por
>         certo, de onde ven a
>         > palabra devasa?
>         
>         
>         Adiante. Segundo as discusións de terminoloxía que chegaron a
>         algures
>         sobre o tema este fora "devasa" o termo elixido. Outra cousa é
>         o que
>         aparece nas traducións.
>         
>         > tos -> Isto ven sendo tipo de servizo. Traduzoo coma tds? ou
>         dexo tos?
>         
>         
>         Eu poría TOS. Asegúrate ben de que é isto ao que se refire,
>         non vaia ser o demo.
>         
>         > Type of Service -> Tipo de servizo non?
>         
>         
>         Si.
>         
>         > iptables -> Supoño que en galego non ten tradución. Deixoo
>         en ingleś logo?
>         
>         
>         É un programa. Non se traduce.
>         
>         > LAN -> rede de área local? ou rede local?
>         
>         
>         Se aparece como LAN, podes deixalo como LAN.
>         
>         > Throughput -> Taxa de transferencia?
>         
>         En http://en.gl.open-tran.eu/suggest/Throughput vexo que
>         usaron
>         "tránsito", aínda que consultando outras fontes parece que se
>         usa iso
>         de "taxa de transferencia".
>         
>         > Timestamping -> Código de tempo?
>         http://es.wikipedia.org/wiki/Timestamp
>         
>         
>         "marca de tempo" é o máis usado nas traducións e nos glosarios
>         dispoñibles.
>         
>         > Traceroute -> Deixoo coma esta? Ou podo traducilo por:
>         trazador de rutas,
>         > rastrexador de rutas, seguidor de rutas, rastrexador de
>         camiños?
>         
>         
>         Traceroute é o nome doutro programa.
>         
>         > IP address -> como se traduce? como enderezo IP ou coma
>         dirección IP?
>         
>         
>         Enderezo IP. Lembra que é masculino.
>         
>         > Hits -> peticións, accesos? Exemplo: Filter out sequences of
>         identical hits.
>         
>         
>         Non sei. Esta sempre foi dificil de traducir porque hai outro
>         termo
>         moi parecido a este. Aquí aparece como "impacto"
>         http://webs.uvigo.es/sli/glinternet/i.htm#impacto pero habería
>         que
>         comparalo con outros glosarios e as traducións que se usaron.
>         
>         > Hit View -> vista de peticións? vista de accesos? lista de
>         peticións? No
>         > firestarter a hit view é a columna onde aparece "Hora"
>         "Dirección" "Porto"
>         > etc..
>         >
>         > Direction -> Soamente aparece na columna de Hit View. QUe
>         poño, dirección ou
>         > enderezo?
>         
>         
>         Enderezo.
>         
>         > Policy -> política? norma? A verdade e que neste programa en
>         xeral para
>         > todas as cadeas queda mellor "normativa", pero ao mellor é
>         un castelanismo.
>         
>         
>         Vexo que nas traducións se usou sobre todo "política" que é o
>         que
>         aparece maiormente nos glosarios, pero tamén se traduciu como
>         "directiva", "norma", "regra"...
>         
>         > DCHP leases -> concesións DHCP? arrendamentos DHCP?
>         préstamos DHCP?
>         
>         
>         Non mirei a que se refire isto, pero busquei "lease" no
>         open-tran:
>         http://en.gl.open-tran.eu/suggest/lease e todos os resultados
>         son da
>         tradución de openSuse, concretamente dos módulos de DHCP. Alí
>         usouse
>         "lease"="asignación" o que non sei se é correcto porque non
>         lembro se
>         ese foi un dos módulos que se revisou a conciencia ao
>         traducilo ou se
>         foi un dos que se completou sen mirar as traducións
>         anteriores. En
>         todo caso "asignación" parece en principio unha boa tradución,
>         xa que
>         DHCP o que fai é recibir peticións de ordenadores (en
>         realidade
>         interfaces de rede, pero xa me entendedes) e DHCP asígnalles
>         un
>         enderezo IP do "pool" de enderezos libres.
>         
>         > Source Quenching -> Extinción das fontes? Exceso de tráfico?
>         fontes
>         > extinguíbeis?
>         
>         
>         Creo que se refire a isto
>         http://en.wikipedia.org/wiki/ICMP_Source_Quench
>         
>         Polo que lin nesa páxina é unha mensaxe que envía un
>         encamiñador ou un
>         ordenador en caso de que teña os búfers case cheos, para que
>         algún
>         ordenador que lle está enviando moitos paquetes "reduza" o
>         tráfico que
>         se dirixe a ese encamiñador/ordenador saturado.
>         
>         > cable modem -> módem de fíos? módem de cable?
>         
>         
>         Vexo "cable módem" e "módem por cable". Habería que discutilo.
>         
>         > choices -> escollas? eleccións?
>         
>         "Escollas" podería valer. Hai que ter en conta que a veces
>         depende do
>         contexto. Tamén podería ser "opcións".
>         
>         > Bueno nada máis de momento, cando teñamos isto listo,
>         poñereivos as frases
>         > nas que dubido nalgúns termos.
>         
>         _______________________________________________
>         Proxecto mailing list
>         Proxecto@trasno.net
>         
>         http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>         
> 
> 
> 
> -- 
> http://trasno.net/
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> http://www.jabberes.org/
> 
> Un saúdo!
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a