Ola rapazada! O día 18 é o día do software libre e os do zulo (ac de swl de Mugardos) teñen o seu kernel (http://www.comunidadeozulo.org/). Asi que os grupos de swl libre galegos estamos pensando facer unha quedada ese día, o 18, no kernel en plan lúdico festivo ;) . Aquí abaixo tedes a oferta dos do Zulo. Todos os do swl libre galegos estarian convidados.
Fai unha quedada o 18 en Mugardos?. Avisádeme con tempo, é dicir, xa, por iso da planificación do evento. ---------- Forwarded message ---------- From: Comunidade O Zulo <comunidadeoz...@gmail.com> Date: 2010/9/2 Subject: Re: [Guls] Día da liberdade do software To: Grupos e asociacións de usuarios de GNU/Linux de Galicia < g...@mancomun.org> Boa tarde. Son Alberto Permuy(apermuy) da Comunidade O Zulo. Estivemos "falando" entre nos o tema do SFD2010, de feito xa o falamos con Miguel o día das VII Xornadas de Sw en Mugardos en Xuño, en argallar "algo" para tan sinalada data, pero entre lio e lio non dabamos arracado coa historia.... A nosa proposta é a seguinte: - Temos invitacións para as todas (entre 15 ou 20) as persoas que se queiran pasar polo Kernel2010 e sexan membros dos GULs. A operativa da inscrición sería moi sinxela. Pasades por http://www.comunidadeozulo.org/kernelins e nome campo nome engadides[GUL], por exemplo : Lois[GUL] - Tema cea/comida. Mellor comida, que correría pola nosa conta(non comeríamos percebes, pero de seguro que non pasaremos fame). A cea xa está argallada, é unha laconada, a cal t...@s os que veñades co prefixo[GUL] tamén estades invitados, por suposto. - Durmir. Se vos gusta o pobo e o evento , e queredes quedar a durmir tampouco hay problema. Cuestión de falar o tema e concretar. - Tema SFD2010: Dispoñemos dunhas tres(3) horas aprox, do sábado 18 para realizar as actividades relacionadas. Dispoñemos dunha sala, proxector, capacidade para 30-40 persoas, conexión a Internet(cable e Wifi) e ó mellor uns cantos PCs para trastear. ¿Que vos parece? P.D: As invitacións son para os 4 días do evento , dende o xoves 16 ate o domingo 19. ;) Saúdos.
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto