Ola rapaces,

xa está dispoñíbel a nova beta de Ubuntu Maverick Merkat desde a páxina
http://www.ubuntu.com/testing

pídovos por favor que se podedes a descarguedes e a probedes.

Como problema coñecido está que o livecd móstrase en inglés e moi poucas
cousas en galego. Estou preparando un mail para enviarllo ao Translators
Coordination Team para queixarme disto.

Por outra banda preciso que alguén revise o instalador completo.
Lembrade que agora o instalador da livecd cambio totalmente, sendo agora
máis usábel e intuitivo (na miña opinión un gran avance!).

Calquera problema, queixa ou suxestión enviádea á rolda
ubuntu-l10n...@lists.ubuntu.com

Grazas a todos

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a