Ola, Do convenio de colaboración co iMiT temos concedidos dous cursos a impartir nas universidades de Vigo e da Coruña. Temos xa un plano xeral (que xa lles ensinamos ás universidades) dos cursos pero que me gustaria que virades e colaborarades para finalizalo.
O calendario do curso está aloxado na wiki en http://wiki.trasno.net/En_proxecto Por favor, * suxeride novos relatorios e poñentes (incluido as ideas que se vos ocorran para vós mesmos) * modificade os títulos dos relatorios e o temario se vos foi asinado e/ou intercambiade material coa xente coa que creades que "colisionades" * as discusións relativas aos cursos facédeas neste fío (por favor, claridade e concisión) * debería estar finalizado en máximo dúas semanas Na wiki tedes unha pequenas normas para modificar os cursos. Os relatores, teredes que redactar un resumo,opinión, tutorial ou review pensado para impresión. Provisionalmente, máximo 4 folios DinA4, interliñado sinxelo. Se está formatado en LaTeX mellor que mellor. Saúdos!
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

