Esta mañá fun a unha reunión informativa sobre o Proxecto Abalar, co que se 
dotarán as aulas de 5º de primaria e 1º de ESO de ultraportátiles.

Os ultraportátiles son moi chulos, tipo tablet (Inves, non me fixei no modelo) 
e teñen instalado ubuntu-netbook que, no que puiden probar, funciona moi ben, 
incluídas as pizarras SmartBoard.

Curiosamente o idioma por omisión era... español (podíase escoller de Uruguay, 
Arxentina e algúns outros, así como inglés de Zimbabue e de Australia)... mais 
non o galego. A explicación oficial é que os montaran en Madrid.

De todos os xeitos [borrei varios parágrafos, non viñan a conto ;-)], propoño 
que nos centremos o antes posíbel no que sexa máis específico de ubuntu-
netbook e en todos os aplicativos educativos que poidamos, pensando 
especialmente que van ser empregados por rapaces.

Xosé
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a