Coido que non hai escusa de que non vaian en galego, até unha persoa sen
saber nada de galego pode instalar idiomas segundo queiran (o Inglés de
Zimbawe non o trae por omisión polo que saca conclusións...).

En canto a ubuntu-netbook está toda completa xa que estiven completando
estes últimos días o que ven nela (por certo que non hai nadie máis
traballando en Ubuntu agora mesmo, que eu saiba). E en canto a
aplicativos educativos sería cuestión de saber o que é de especial
prioridade. Nese lugar contade comigo se me queda tempo adicional, GNOME
ten traballo dabondo xa que estou tentando traducir a nova documentación
que está sendo migrada a Mallard e reescrita desde cero.

Regards

O Mér, 15-09-2010 ás 20:18 +0200, Xosé escribiu:
> O Mércores 15 Setembro 2010 19:56:20 Miguel Bouzada escribiu:
> > este?
> > http://www.tusequipos.com/2009/09/11/inves-noobi-el-netbook-de-pantalla-tac
> > til-y-rotatoria/
> > http://www.canaltecnia.com/netbook-inves-89-junior-noobi-intel-atom-n270
> 
> 
> Ha de ser como este, pero non ese "Junior", senón algo superior: non ten a 
> asa 
> que aparece nas fotos, as cores eran algo distintas e non tiña o autocolante 
> ese de "Intel Atom Inside" ;P. Ademais, creo recordar que tiñan 2 GB de RAM e 
> prometeron cinco horas de autonomía; a pantalla _creo_ recordar que era de 
> 10''. A cámara web, por certo, xira (a peza gris que aparece na foto).
> 
> Xosé
> 
> > 
> > ou este?
> > http://www.noticiasdot.com/publicaciones/gadgetmania/2009/05/20/inves-helio
> > -200-el-nuevo-netbook-de-la-firma-espanola/
> > 
> > 
> > 2010/9/15 Xosé <xoseca...@gmail.com>
> > 
> > > Esta mañá fun a unha reunión informativa sobre o Proxecto Abalar, co que
> > > se dotarán as aulas de 5º de primaria e 1º de ESO de ultraportátiles.
> > > 
> > > Os ultraportátiles son moi chulos, tipo tablet (Inves, non me fixei no
> > > modelo)
> > > e teñen instalado ubuntu-netbook que, no que puiden probar, funciona moi
> > > ben,
> > > incluídas as pizarras SmartBoard.
> > > 
> > > Curiosamente o idioma por omisión era... español (podíase escoller de
> > > Uruguay,
> > > Arxentina e algúns outros, así como inglés de Zimbabue e de Australia)...
> > > mais
> > > non o galego. A explicación oficial é que os montaran en Madrid.
> > > 
> > > De todos os xeitos [borrei varios parágrafos, non viñan a conto ;-)],
> > > propoño
> > > que nos centremos o antes posíbel no que sexa máis específico de ubuntu-
> > > netbook e en todos os aplicativos educativos que poidamos, pensando
> > > especialmente que van ser empregados por rapaces.
> > > 
> > > Xosé
> > > _______________________________________________
> > > Proxecto mailing list
> > > Proxecto@trasno.net
> > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a