Este é un punto importante.

Podedes confirmar cal é o grao de tradución feito da versión notebook de ubu
e miramos de facer algún comunicado, solicitude, suxerencia a educación para
se corrixa. Parécevos?.

2010/9/15 Fran Diéguez <lis...@mabishu.com>

> Coido que non hai escusa de que non vaian en galego, até unha persoa sen
> saber nada de galego pode instalar idiomas segundo queiran (o Inglés de
> Zimbawe non o trae por omisión polo que saca conclusións...).
>
> En canto a ubuntu-netbook está toda completa xa que estiven completando
> estes últimos días o que ven nela (por certo que non hai nadie máis
> traballando en Ubuntu agora mesmo, que eu saiba). E en canto a
> aplicativos educativos sería cuestión de saber o que é de especial
> prioridade. Nese lugar contade comigo se me queda tempo adicional, GNOME
> ten traballo dabondo xa que estou tentando traducir a nova documentación
> que está sendo migrada a Mallard e reescrita desde cero.
>
> Regards
>
> O Mér, 15-09-2010 ás 20:18 +0200, Xosé escribiu:
> > O Mércores 15 Setembro 2010 19:56:20 Miguel Bouzada escribiu:
> > > este?
> > >
> http://www.tusequipos.com/2009/09/11/inves-noobi-el-netbook-de-pantalla-tac
> > > til-y-rotatoria/
> > >
> http://www.canaltecnia.com/netbook-inves-89-junior-noobi-intel-atom-n270
> >
> >
> > Ha de ser como este, pero non ese "Junior", senón algo superior: non ten
> a asa
> > que aparece nas fotos, as cores eran algo distintas e non tiña o
> autocolante
> > ese de "Intel Atom Inside" ;P. Ademais, creo recordar que tiñan 2 GB de
> RAM e
> > prometeron cinco horas de autonomía; a pantalla _creo_ recordar que era
> de
> > 10''. A cámara web, por certo, xira (a peza gris que aparece na foto).
> >
> > Xosé
> >
> > >
> > > ou este?
> > >
> http://www.noticiasdot.com/publicaciones/gadgetmania/2009/05/20/inves-helio
> > > -200-el-nuevo-netbook-de-la-firma-espanola/
> > >
> > >
> > > 2010/9/15 Xosé <xoseca...@gmail.com>
> > >
> > > > Esta mañá fun a unha reunión informativa sobre o Proxecto Abalar, co
> que
> > > > se dotarán as aulas de 5º de primaria e 1º de ESO de ultraportátiles.
> > > >
> > > > Os ultraportátiles son moi chulos, tipo tablet (Inves, non me fixei
> no
> > > > modelo)
> > > > e teñen instalado ubuntu-netbook que, no que puiden probar, funciona
> moi
> > > > ben,
> > > > incluídas as pizarras SmartBoard.
> > > >
> > > > Curiosamente o idioma por omisión era... español (podíase escoller de
> > > > Uruguay,
> > > > Arxentina e algúns outros, así como inglés de Zimbabue e de
> Australia)...
> > > > mais
> > > > non o galego. A explicación oficial é que os montaran en Madrid.
> > > >
> > > > De todos os xeitos [borrei varios parágrafos, non viñan a conto ;-)],
> > > > propoño
> > > > que nos centremos o antes posíbel no que sexa máis específico de
> ubuntu-
> > > > netbook e en todos os aplicativos educativos que poidamos, pensando
> > > > especialmente que van ser empregados por rapaces.
> > > >
> > > > Xosé
> > > > _______________________________________________
> > > > Proxecto mailing list
> > > > Proxecto@trasno.net
> > > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a