As estatísticas internas de tradución de Ubuntu ao galego varían entre
cada versión, máis podo dicir que os paquetes relacionados diretamente
con netbook están traducidos ao 100%, para calquera versión.

Hora ben, hai que ter en conta que non só de paquetes relacionados
directamente se forma o ubuntu-netbook. Nese senso podemos destacar que
está formado por GNOME e aplicativos adicionais (nada que non saibamos).
Polo tanto e logo de este parafraseado; o actual nivel de tradución ao
galego de Ubuntu para os aplicativos en Universe é de:

 - Ubuntu 10.04: 86%
   http://people.ubuntu.com/~dpm/ubuntu-10.04-translation-stats.html
 - Ubuntu 9.10:  83%  
   http://people.ubuntu.com/~dpm/ubuntu-9.10-translation-stats.html

Por que só falta o 14%? Ou reformulando a pregunta... Onde están esas
cadeas que contempla dito 14%? Pois a resposta é ben sinxela:
        http://translationproject.org/team/gl.html
Por ese mesmo motivo estiven investigando o funcionamento do Robot de TP
e xa comecei a colaborar no proxecto, e no que creo que todos deberiamos
participar xa que todas as distros levan unha boa parte dos paquetes
como sistema base para o funcionamento mínimo.

De todas formas estou un pouco temoroso das estatísticas da seguinte
versión 10.10 xa que incluíron moitos máis paquetes (unhas 30.000 cadeas
para traducir máis). Non teño claro a que se debe este incremento tan
substancial e neste caso e aproveitando a situación vou preguntar ao
core o motivo do mesmo.

Saúdos

O Xov, 16-09-2010 ás 00:00 +0200, Miguel Branco escribiu:
> Este é un punto importante.  
> 
> Podedes confirmar cal é o grao de tradución feito da versión notebook
> de ubu e miramos de facer algún comunicado, solicitude, suxerencia a
> educación para se corrixa. Parécevos?. 
> 
-- 
Sent from Ubuntu

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a