2010/9/15 Xosé <xoseca...@gmail.com>

> Esta mañá fun a unha reunión informativa sobre o Proxecto Abalar,
>
> Curiosamente o idioma por omisión era... español (podíase escoller de
> Uruguay,
> Arxentina e algúns outros, así como inglés de Zimbabue e de Australia)...
> mais
> non o galego. A explicación oficial é que os montaran en Madrid.
>
> Así que se lle mercaron os ultraportátiles a El Corte Inglés.

e nesa reunión non saíu en conversación o tema do idioma dos trebellos esos?
 É un asunto que se pode solucionar o primeiro día de escola en cinco
minutos, se teñen conexión á rede, pero mala espiña me da.

Pero igoal que contrataron un aparato con un SO concreto, poderían ter
requerido que estivesen preinstalados o galego E o español. En Madrid saben
cómo facelo.

 Habería que "roubar" unha lista co correo-e dos profesores e facer un pouco
de spam para que insten ós rapaces a instalar o idioma galego :D :D  Máis en
serio, sería moi sinxelo se a consellería repartirse unha circular indicando
o "sinxelo procedemento" de actualización. *Ó mellor antes de ser entregados
pasan algún tipo de actualización ou personalización. Se o SO que traen por
defecto é unha instalación limpa de ubuntu, quizáis logo lle metan algunha
personalización de menús, aplicativos propios, aspecto gráfico, .... e entre
esas vaia o idioma.*

Non entro en derivadas políticas que non veñen ó caso.

> Xosé
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a