Si, os computadores son de Inves (=El Corte Inglés) e a empresa que os fornece 
é Coremain. A instalación de software destes 15.000 computadores é totalmente 
fechada. Ninguén fóra do servizo técnico pode administrar nada e as 
actualizacións e solucións de problemas fanse de forma centralizada. Por 
suposto que saquei o do idioma e nas versións finais incluirase o galego - que 
non estivesen nestes computadores de proba só ó é un síntoma.

Xosé



O Xoves 16 Setembro 2010 08:48:04 Xose M escribiu:
> 2010/9/15 Xosé <xoseca...@gmail.com>
> 
> > Esta mañá fun a unha reunión informativa sobre o Proxecto Abalar,
> > 
> > Curiosamente o idioma por omisión era... español (podíase escoller de
> > Uruguay,
> > Arxentina e algúns outros, así como inglés de Zimbabue e de Australia)...
> > mais
> > non o galego. A explicación oficial é que os montaran en Madrid.
> > 
> > Así que se lle mercaron os ultraportátiles a El Corte Inglés.
> 
> e nesa reunión non saíu en conversación o tema do idioma dos trebellos
> esos? É un asunto que se pode solucionar o primeiro día de escola en cinco
> minutos, se teñen conexión á rede, pero mala espiña me da.
> 
> Pero igoal que contrataron un aparato con un SO concreto, poderían ter
> requerido que estivesen preinstalados o galego E o español. En Madrid saben
> cómo facelo.
> 
>  Habería que "roubar" unha lista co correo-e dos profesores e facer un
> pouco de spam para que insten ós rapaces a instalar o idioma galego :D :D 
> Máis en serio, sería moi sinxelo se a consellería repartirse unha circular
> indicando o "sinxelo procedemento" de actualización. *Ó mellor antes de
> ser entregados pasan algún tipo de actualización ou personalización. Se o
> SO que traen por defecto é unha instalación limpa de ubuntu, quizáis logo
> lle metan algunha personalización de menús, aplicativos propios, aspecto
> gráfico, .... e entre esas vaia o idioma.*
> 
> Non entro en derivadas políticas que non veñen ó caso.
> 
> > Xosé
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a