Pois debemos incidir en que leven o galego por omisión. É de especial
importancia porque senón convértese nun idioma de segunda que xerará o
comentario «mira que bonito este gallego pero no lo usamos en la vida».

O sábado eu non poderei estar por mugardos e é unha mágoa. Hai tantas
cousas das que falar. Digo eu que sería conveniente xuntarnos outro día
para falar das cousas da asociación...

Saúdos

O Xov, 16-09-2010 ás 16:53 +0200, Xosé escribiu:
> Si, si, por suposto que o levarán. O que temo é que por omisión sexa o 
> español. Tamén suxerín que se incluíse o francés e o alemán (esquecín o 
> portugués) e tomaron nota.
> 
> Xosé
> 
> 
> O Xoves 16 Setembro 2010 16:43:52 Fran Dieguez escribiu:
> > Podes confirmar que levarán o idioma galego ao final? Se é así só son
> > louvanzas.
> > 
> > O Xov, 16-09-2010 ás 16:18 +0200, Xosé escribiu:
> > > Si, os computadores son de Inves (=El Corte Inglés) e a empresa que os
> > > fornece é Coremain. A instalación de software destes 15.000 computadores
> > > é totalmente fechada. Ninguén fóra do servizo técnico pode administrar
> > > nada e as actualizacións e solucións de problemas fanse de forma
> > > centralizada. Por suposto que saquei o do idioma e nas versións finais
> > > incluirase o galego - que non estivesen nestes computadores de proba só
> > > ó é un síntoma.
> > > 
> > > Xosé
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Sent from Ubuntu

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a