Pensei que o “Encontro de Tradutores” ía ser para traducir, pero vendo os 
obxectivos:

1.- Debate de terminoloxía técnica problemática na lingua galega para a 
aplicación dos cambios acordados.
2.- Creación de grupos de traballo para a mellora da calidade das traducións 
ao galego de aplicativos libres. 
3.- Creación de grupos de rescate de tradución para proxectos que o precisen. 
4.- Descrición de procesos e ferramentas usados na tradución de aplicativos 
libres. 
5.- Presentación de aplicativos que axuden á verificación ortográfica, 
gramatical e técnica das cadeas. 
6.- Revisión dos principais aplicativos. 
7.- Remisión de traducións a upstream desde os distintos proxectos (Ubuntu, 
Suse, Fedora). 
8.- Sesión de titorización de novos localizadores.

1) Coido que polas listas é o mellor (xa expresei no wiki os motivos).
2) Isto non está xa feito? Que significa exactamente? Xente que en vez de 
traducir corrixe as traducións doutros? oO
3) Que é un “rescate de tradución”? Que proxectos se coñecen que estean nesta 
necesidade? Como se ten noticia destes proxectos?

4, 5, 6, 8) Pero isto vai ser para trasnegos ou para atraer xente “de fóra”? 
Quero dicir, os trasnegos xa coñecemos (ou deberiamos coñecer) as ferramentas 
que usamos. E se vai ser un evento público, de verdade pensades que temos 
poder de convocatoria para iso? E en menos dun mes? :S

7) Isto é o que eu pensaba que iamos facer: traducir! :)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a