A ver por partes!

O Mér, 22-09-2010 ás 10:12 +0200, Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Pensei que o “Encontro de Tradutores” ía ser para traducir, pero vendo os 
> obxectivos:
> 

O importante deste «evento» é que nos podemos xuntar e discutir sobre
terminoloxía e organizármonos como grupo.

> 1.- Debate de terminoloxía técnica problemática na lingua galega para a 
> aplicación dos cambios acordados.

Hai moita terminoloxía que non está asentada, que deberiamos cambiar fai
tempo e non se fixo. Moitas veces quedan os debates terminolóxicos no
aire e ao final non se aplican, cousa que me enfurece bastante. É un bo
momento de pechar dunha vez por todas e non eludir máis o tema.
O interesante é que todos fixeramos os deberes antes de ir e levar unha
lista das palabras que cren que son problemáticas para logo non perder o
tempo aló.

> 2.- Creación de grupos de traballo para a mellora da calidade das traducións 
> ao galego de aplicativos libres. 

Hai persoas que debido ao ciclo de publicación de novas versións do
proxecto non que estean colaborando están dous meses sen tanta carga de
traballo. Sería interesante crear ou definir as
funcións/precedementos/protocolos de actuación para que esas persoas se
poden colaborar saiban como e onde facelo.

> 3.- Creación de grupos de rescate de tradución para proxectos que o precisen. 

Home non quero meterme en internalidades pero, eu en Ubuntu vexo máis do
30% de KDE sen traducir. Iso son plans de rescate.

> 4.- Descrición de procesos e ferramentas usados na tradución de aplicativos 
> libres.

Istos son reinos de taifas onde cada un non está necesariamente
comunicado de forma fluída co resto. De seguro que en KDE usades
pofilter desde fai moito tempo, eu en GNOME descubrino fai pouco e aínda
non consigo sacarlle a produtividade que agardaba del. Disto se trata...
o que empregue unha ferramenta que a comunique ao resto.

> 5.- Presentación de aplicativos que axuden á verificación ortográfica, 
> gramatical e técnica das cadeas. 

Máis do mesmo que o anterior.

> 6.- Revisión dos principais aplicativos. 

Identificar que aplicativos precisan dun «rescate» en termos de revisión
ortográfica/gramatical/contextual das traducións. Hai algúns que son
unhas desfeitas.

> 7.- Remisión de traducións a upstream desde os distintos proxectos (Ubuntu, 
> Suse, Fedora). 

En Launchpad hai MONTÓNS DE APLICATIVOS TRADUCIDOS E QUE NON ESTÁN EN
UPSTREAM. Neste caso entre todos poderíamos tentar remitilos todos aos
seus respectivos lugares orixinais. Eu por exemplo podo subir a
Translation Project sen problema algún máis hai que «tratar» algo o
pofile que exporta LP.

> 8.- Sesión de titorización de novos localizadores.

Coido que é autoexplicativo.


> 1) Coido que polas listas é o mellor (xa expresei no wiki os motivos).
> 2) Isto non está xa feito? Que significa exactamente? Xente que en vez de 
> traducir corrixe as traducións doutros? oO
> 3) Que é un “rescate de tradución”? Que proxectos se coñecen que estean nesta 
> necesidade? Como se ten noticia destes proxectos?
> 
> 4, 5, 6, 8) Pero isto vai ser para trasnegos ou para atraer xente “de fóra”? 
> Quero dicir, os trasnegos xa coñecemos (ou deberiamos coñecer) as ferramentas 
> que usamos. E se vai ser un evento público, de verdade pensades que temos 
> poder de convocatoria para iso? E en menos dun mes? :S

Eu isto penseino para trasnegos, aínda que non está pechado ao resto.
Faltaría máis. Cada vez teño máis senso de que cada un está no seu
proxecto enfrascado e nin grazas a Trasno aumentamos a cohesión.


> 7) Isto é o que eu pensaba que iamos facer: traducir! :)

Sinceramente para traducir xa o podemos facer cada un na súa casa. Eu
estou moito máis cómodo traducindo só que tendo a alguén
«molestando» (énfase nas vírgulas) ao lado.

E coido que no documento esquecín incluír:

*) Estar xuntos un día enteiro e tomarlle unhas cañas xuntos. Tanto
discutir e falar coa pantalla xa cansa.


-- 
Enviado desde Ubuntu

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a