> > 1.- Debate de terminoloxía técnica problemática na lingua galega para a
> > aplicación dos cambios acordados.
> 
> Hai moita terminoloxía que non está asentada, que deberiamos cambiar fai
> tempo e non se fixo. Moitas veces quedan os debates terminolóxicos no
> aire e ao final non se aplican, cousa que me enfurece bastante. É un bo
> momento de pechar dunha vez por todas e non eludir máis o tema.
> O interesante é que todos fixeramos os deberes antes de ir e levar unha
> lista das palabras que cren que son problemáticas para logo non perder o
> tempo aló.

Se me parece moi ben, pero coido que pola lista a discusión se vai levar 
mellor e con máis participación. Aínda non sabemos quen imos ir ao evento (nin 
eu mesmo sei seguro se irei!).

> > 2.- Creación de grupos de traballo para a mellora da calidade das
> > traducións ao galego de aplicativos libres.
> 
> Hai persoas que debido ao ciclo de publicación de novas versións do
> proxecto non que estean colaborando están dous meses sen tanta carga de
> traballo. Sería interesante crear ou definir as
> funcións/precedementos/protocolos de actuación para que esas persoas se
> poden colaborar saiban como e onde facelo.

Cústame asociar a descrición co punto. Mellor algo coma «Onde traballar cando 
as traducións actuais non producen estrés»? ;)

> > 3.- Creación de grupos de rescate de tradución para proxectos que o
> > precisen.
> 
> Home non quero meterme en internalidades pero, eu en Ubuntu vexo máis do
> 30% de KDE sen traducir. Iso son plans de rescate.

Non creo que haxa que rescatala, simplemente o grupo que está tense que pór as 
pilas, e coido que xa fan o que poden. Non creo que faga falla un grupo novo, 
o que fai falla é que a xente se una ao que xa existe. Eu por exemplo deixei 
KDE moi de lado, e planeo unirme en canto teña o Wesnoth completo e mantido.

> > 4.- Descrición de procesos e ferramentas usados na tradución de
> > aplicativos libres.
> 
> Istos son reinos de taifas onde cada un non está necesariamente
> comunicado de forma fluída co resto. De seguro que en KDE usades
> pofilter desde fai moito tempo, eu en GNOME descubrino fai pouco e aínda
> non consigo sacarlle a produtividade que agardaba del. Disto se trata...
> o que empregue unha ferramenta que a comunique ao resto.

Si, o de comparar ferramentas acabámolo facendo sempre :) Pero dende o punto 
de vista serio, isto non debería mellor documentarse no wiki? (de novo, así 
non queda limitado aos asistentes)

> > 5.- Presentación de aplicativos que axuden á verificación ortográfica,
> > gramatical e técnica das cadeas.
> 
> Máis do mesmo que o anterior.

O wiki tamén me parece apropiado.

> > 6.- Revisión dos principais aplicativos.
> 
> Identificar que aplicativos precisan dun «rescate» en termos de revisión
> ortográfica/gramatical/contextual das traducións. Hai algúns que son
> unhas desfeitas.

De novo, isto ben podería facerse polas listas.

> > 7.- Remisión de traducións a upstream desde os distintos proxectos
> > (Ubuntu, Suse, Fedora).
> 
> En Launchpad hai MONTÓNS DE APLICATIVOS TRADUCIDOS E QUE NON ESTÁN EN
> UPSTREAM. Neste caso entre todos poderíamos tentar remitilos todos aos
> seus respectivos lugares orixinais. Eu por exemplo podo subir a
> Translation Project sen problema algún máis hai que «tratar» algo o
> pofile que exporta LP.

Isto paréceme xenial, hai que asegurarse de que as traducións cheguen a 
upstream. Os que fan estas traducións en Lauchpad son conscientes de que 
Ubuntu non as envía upstream? Ao mellor tamén deberiamos comunicarnos con eles 
para informalos, só por se acaso.

> > 8.- Sesión de titorización de novos localizadores.
> 
> Coido que é autoexplicativo.
> 
> Eu isto penseino para trasnegos, aínda que non está pechado ao resto.
> Faltaría máis. Cada vez teño máis senso de que cada un está no seu
> proxecto enfrascado e nin grazas a Trasno aumentamos a cohesión.

Vale, ou sexa que lle entendín mal a Branco. Trátase de organización, non de 
tradución. Bueno, se preferides facelo así, que así sexa.

> > 7) Isto é o que eu pensaba que iamos facer: traducir! :)
> 
> Sinceramente para traducir xa o podemos facer cada un na súa casa. Eu
> estou moito máis cómodo traducindo só que tendo a alguén
> «molestando» (énfase nas vírgulas) ao lado.
> 
> E coido que no documento esquecín incluír:
> 
> *) Estar xuntos un día enteiro e tomarlle unhas cañas xuntos. Tanto
> discutir e falar coa pantalla xa cansa.

Se ao final se trata sempre disto.

E unha última cousa: non poderiamos aproveitar e deixar feita unha reunión 
extraordinaria da asociación? Postos a quedar para o tema de organización, 
digo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a