En 2010/09/22 11:21, Antón Méixome escribiu:
2010/9/22 Adrián Chaves Fernández<adriyeticha...@gmail.com>:
AO mellor grazas a isto o galizionario colle forza?

+1

+1
Se o galizionario se compromete a ser estritamente normativo e
establece algún tipo de validadación académica ou oficial podería ser
a saída a estes problemas.

Non estou involucrado no seu desenvolvemento en absoluto pero
propóñovos como ideas aos que si estades, comezar por

- contactar cos departamentos de normalización das 3 universidades...
e logo os departamentos de galego correspondentes
- contactar coa CTNL (ctnl.org) que aglutina a case todos os técnicos
de normalización do país (e os servizos lingüísticos que case sempre
teñen web)
- contactar cos ENL dos centros docentes, a través da súa coordinadora
(coordinadoraendl.org)
- contactar co ILG e o Instituto Ramón Piñeiro
- contactar coa RAG
- contactar coa SXPL (para que o incorporen como recurso na súa lista)
http://www.xunta.es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos

e con iso

- ofrecer o galizionario como recurso fiable
- ofrecer asesoramento para incorporar o buscador do galizionario en webs
- demandar colaboración
- crear unha campaña de difusión do recurso (un éxito seguro se se fai a tempo)
- incorporar o Galizionario como motor buscador no Firefox

Creo que Trasno se podería ofrecer como axente de probas para esa
colaboración (interconexión e incorporación).


P.S. Respecto das arañas e tal :-) Nunca estaría de máis pero nin
sequera fai falta. Con coller o dicionario catalán en traducilo
veredes que "se parece" moito ao que ten o Digalego... e que a
precariedade da lexicografía galega non é novidade de agora.



Estou de acordo con todo!
Penso que este é o momento de aproveitar que o digalego pasará a ser de pago.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a