Anda que non me destes que ler, malditos xD

Contesto así por riba, perdoádeme se entendín mal a discusión de lela
rápido.

1. KDE: A tradución de KDE é significativamente moito maior ca que está
agora mesmo en upstream porque non puiden ir subindo o que me foron
remitindo. Con esto da asociación + vida privada non dou para me poñer en
serio a aprender o que teño que aprender sobre KDE, e inda así, conste,
 merezo unha gran patada no cu.

2. A idea do hackfest penseina como unha sesión de traballo, pero como temos
moito traballo... claro, o programa é denso. Opino:
- a lista básica de terminoloxía que nos atranca (que son 20 palabra, sumun)
deberiámola tratar
- a xente dos equipos que nos xuntemos deberiamos poñernos as pilas para
mellorar o funcionamento do grupo
- e os coordinadores dos grupos deberiamos falar en serio de argallar un
método de coordinación eficaz
isto penso que é o ensencial. E que conste que moito disto podemolo facer
tomando un café.

---- > e como temos os cursos en nada, hai que preparalos!! que bos estades
despreocupando do tema!. Nin modificastes as vosas charlas na wiki, nin me
remitistes as charlas nin nada.

3. O de permitir novos localizadores... iso incluino eu e é condición sine
qua non. Polos seguintes motivos:
- será o que nos permita que nos financie o evento o convenio co iMiT, sen
este apartado o máis seguro é que o desboten
- hai unhas 3 persoas de cerca que están interesadas na localización pero
que necesitan que as introduzan / lles expliquen o básico. Sería unha pena
non ter a alguén que durante o día se pare un momento a lles explicar o
esencial para que comecen a colaborar. (E inda que anunciemos o evento a
bombo e platillo non van aparecer enchentes de xente tal que nos colapsen o
evento.)

4. Asemblea: sería unha boa idea. Pero tamén nos imos xuntar nos cursos co
cal igual é máis practico deixalo para Novembro.

2010/9/22 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> > > 1.- Debate de terminoloxía técnica problemática na lingua galega para a
> > > aplicación dos cambios acordados.
> >
> > Hai moita terminoloxía que non está asentada, que deberiamos cambiar fai
> > tempo e non se fixo. Moitas veces quedan os debates terminolóxicos no
> > aire e ao final non se aplican, cousa que me enfurece bastante. É un bo
> > momento de pechar dunha vez por todas e non eludir máis o tema.
> > O interesante é que todos fixeramos os deberes antes de ir e levar unha
> > lista das palabras que cren que son problemáticas para logo non perder o
> > tempo aló.
>
> Se me parece moi ben, pero coido que pola lista a discusión se vai levar
> mellor e con máis participación. Aínda non sabemos quen imos ir ao evento
> (nin
> eu mesmo sei seguro se irei!).
>
> > > 2.- Creación de grupos de traballo para a mellora da calidade das
> > > traducións ao galego de aplicativos libres.
> >
> > Hai persoas que debido ao ciclo de publicación de novas versións do
> > proxecto non que estean colaborando están dous meses sen tanta carga de
> > traballo. Sería interesante crear ou definir as
> > funcións/precedementos/protocolos de actuación para que esas persoas se
> > poden colaborar saiban como e onde facelo.
>
> Cústame asociar a descrición co punto. Mellor algo coma «Onde traballar
> cando
> as traducións actuais non producen estrés»? ;)
>
> > > 3.- Creación de grupos de rescate de tradución para proxectos que o
> > > precisen.
> >
> > Home non quero meterme en internalidades pero, eu en Ubuntu vexo máis do
> > 30% de KDE sen traducir. Iso son plans de rescate.
>
> Non creo que haxa que rescatala, simplemente o grupo que está tense que pór
> as
> pilas, e coido que xa fan o que poden. Non creo que faga falla un grupo
> novo,
> o que fai falla é que a xente se una ao que xa existe. Eu por exemplo
> deixei
> KDE moi de lado, e planeo unirme en canto teña o Wesnoth completo e
> mantido.
>
> > > 4.- Descrición de procesos e ferramentas usados na tradución de
> > > aplicativos libres.
> >
> > Istos son reinos de taifas onde cada un non está necesariamente
> > comunicado de forma fluída co resto. De seguro que en KDE usades
> > pofilter desde fai moito tempo, eu en GNOME descubrino fai pouco e aínda
> > non consigo sacarlle a produtividade que agardaba del. Disto se trata...
> > o que empregue unha ferramenta que a comunique ao resto.
>
> Si, o de comparar ferramentas acabámolo facendo sempre :) Pero dende o
> punto
> de vista serio, isto non debería mellor documentarse no wiki? (de novo, así
> non queda limitado aos asistentes)
>
> > > 5.- Presentación de aplicativos que axuden á verificación ortográfica,
> > > gramatical e técnica das cadeas.
> >
> > Máis do mesmo que o anterior.
>
> O wiki tamén me parece apropiado.
>
> > > 6.- Revisión dos principais aplicativos.
> >
> > Identificar que aplicativos precisan dun «rescate» en termos de revisión
> > ortográfica/gramatical/contextual das traducións. Hai algúns que son
> > unhas desfeitas.
>
> De novo, isto ben podería facerse polas listas.
>
> > > 7.- Remisión de traducións a upstream desde os distintos proxectos
> > > (Ubuntu, Suse, Fedora).
> >
> > En Launchpad hai MONTÓNS DE APLICATIVOS TRADUCIDOS E QUE NON ESTÁN EN
> > UPSTREAM. Neste caso entre todos poderíamos tentar remitilos todos aos
> > seus respectivos lugares orixinais. Eu por exemplo podo subir a
> > Translation Project sen problema algún máis hai que «tratar» algo o
> > pofile que exporta LP.
>
> Isto paréceme xenial, hai que asegurarse de que as traducións cheguen a
> upstream. Os que fan estas traducións en Lauchpad son conscientes de que
> Ubuntu non as envía upstream? Ao mellor tamén deberiamos comunicarnos con
> eles
> para informalos, só por se acaso.
>
> > > 8.- Sesión de titorización de novos localizadores.
> >
> > Coido que é autoexplicativo.
> >
> > Eu isto penseino para trasnegos, aínda que non está pechado ao resto.
> > Faltaría máis. Cada vez teño máis senso de que cada un está no seu
> > proxecto enfrascado e nin grazas a Trasno aumentamos a cohesión.
>
> Vale, ou sexa que lle entendín mal a Branco. Trátase de organización, non
> de
> tradución. Bueno, se preferides facelo así, que así sexa.
>
> > > 7) Isto é o que eu pensaba que iamos facer: traducir! :)
> >
> > Sinceramente para traducir xa o podemos facer cada un na súa casa. Eu
> > estou moito máis cómodo traducindo só que tendo a alguén
> > «molestando» (énfase nas vírgulas) ao lado.
> >
> > E coido que no documento esquecín incluír:
> >
> > *) Estar xuntos un día enteiro e tomarlle unhas cañas xuntos. Tanto
> > discutir e falar coa pantalla xa cansa.
>
> Se ao final se trata sempre disto.
>
> E unha última cousa: non poderiamos aproveitar e deixar feita unha reunión
> extraordinaria da asociación? Postos a quedar para o tema de organización,
> digo.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a