Hai xa un tempo que teño a idea de facer un folleto dirixido aos centros 
educativos (pdf por email) con todo o software educativo dividido por áreas 
(lecto-escritura, idiomas, física, música, xeografía,...). Xa comezara cun 
borrador hai uns meses pero pensaba retomalo para outubro. Non sabía moi  ben 
como distribuílo, pero podería ser unha produción de trasno?

Xosé

O Sábado 02 Outubro 2010 22:06:30 Miguel Branco escribiu:
> Ola,
> 
> A idea paréceme fabulosa. Agora, a vida real. Non temos, na asociación,
> financiamento para pagar tiradas de impresión.
> 
> Si, pola contra podemos facer outra cousa, que é, xa que imos facer
> cartelería e demais en breve para os cursos etc, aproveitar e encargar os
> deseños de trípticos e folletos estándares que sirvan para publicade desta.
> Así quen queira pode imprimilos (autofinancialos) e repartilos...
> 
> Isto recórdame a que temos que argallar un sistema de doazóns para estas
> cousas :)
> 
> 2010/10/1 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
> 
> > Damufo cando tes unha idea caralluda é para darche as grazas durante
> > anos.
> > 
> > Isto estaría moi moi interesante, incluso isto viríanos moi ben para
> > buscar axuda na tradución de aplicativos educativos entre os profesores
> > de Castelán, Galego, Inglés e en xeral calquera. Eu podería enviar
> > cartas e cartaces pola zona de Caldas de Reis e Vilagarcía. Só preciso
> > redactar unha carta informativa para os Directores de centro para que
> > difunda o seu contido entre os seus colegas docentes.
> > 
> > Na OSL temos unha lista de mails de centros educativos de formación
> > profesional onde poder enviar mails informativos. Aínda que isto é un
> > pouco perigoso por temas de LOPD e de correo non solicitado.
> > 
> > Saúdos
> > --
> > Enviado desde Ubuntu
> > 
> > O Ven, 01-10-2010 ás 17:01 +0200, damufo escribiu:
> > > Boas:
> > > Pregúntome se trasno podería fornecer carteis publicitarios para
> > > pendurar por institutos, universidades....
> > > 
> > > Dando información do que a asociación fai e que é o que fornece
> > > Poñendo brevemente:
> > > Quen somos
> > > Que facemos
> > > 
> > >     proxectos que levamos a cabo...
> > > 
> > > Onde estamos
> > > 
> > > 
> > > --
> > > damufo
> > > 
> > > 
> > > 
> > > _______________________________________________
> > > Proxecto mailing list
> > > Proxecto@trasno.net
> > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> > 
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a