2010/10/3 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Hai xa un tempo que teño a idea de facer un folleto dirixido aos centros
> educativos (pdf por email) con todo o software educativo dividido por áreas
> (lecto-escritura, idiomas, física, música, xeografía,...). Xa comezara cun
> borrador hai uns meses pero pensaba retomalo para outubro. Non sabía moi  ben
> como distribuílo, pero podería ser unha produción de trasno?
>
> Xosé
>

O caso é facelo, e que este dispoñible en formato electrónico. A
partir de aí a distribución sería simple.


> O Sábado 02 Outubro 2010 22:06:30 Miguel Branco escribiu:
>> Ola,
>>
>> A idea paréceme fabulosa. Agora, a vida real. Non temos, na asociación,
>> financiamento para pagar tiradas de impresión.
>>
>> Si, pola contra podemos facer outra cousa, que é, xa que imos facer
>> cartelería e demais en breve para os cursos etc, aproveitar e encargar os
>> deseños de trípticos e folletos estándares que sirvan para publicade desta.
>> Así quen queira pode imprimilos (autofinancialos) e repartilos...
>>
>> Isto recórdame a que temos que argallar un sistema de doazóns para estas
>> cousas :)
>>
>> 2010/10/1 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>
>>
>> > Damufo cando tes unha idea caralluda é para darche as grazas durante
>> > anos.
>> >
>> > Isto estaría moi moi interesante, incluso isto viríanos moi ben para
>> > buscar axuda na tradución de aplicativos educativos entre os profesores
>> > de Castelán, Galego, Inglés e en xeral calquera. Eu podería enviar
>> > cartas e cartaces pola zona de Caldas de Reis e Vilagarcía. Só preciso
>> > redactar unha carta informativa para os Directores de centro para que
>> > difunda o seu contido entre os seus colegas docentes.
>> >
>> > Na OSL temos unha lista de mails de centros educativos de formación
>> > profesional onde poder enviar mails informativos. Aínda que isto é un
>> > pouco perigoso por temas de LOPD e de correo non solicitado.
>> >
>> > Saúdos
>> > --
>> > Enviado desde Ubuntu
>> >
>> > O Ven, 01-10-2010 ás 17:01 +0200, damufo escribiu:
>> > > Boas:
>> > > Pregúntome se trasno podería fornecer carteis publicitarios para
>> > > pendurar por institutos, universidades....
>> > >
>> > > Dando información do que a asociación fai e que é o que fornece
>> > > Poñendo brevemente:
>> > > Quen somos
>> > > Que facemos
>> > >
>> > >     proxectos que levamos a cabo...
>> > >
>> > > Onde estamos
>> > >
>> > >
>> > > --
>> > > damufo
>> > >
>> > >
>> > >
>> > > _______________________________________________
>> > > Proxecto mailing list
>> > > Proxecto@trasno.net
>> > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a