2010/10/5 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Eu si que podo ir. Sobre a lista, eu penso que é mellor levar todas esas
> palabras porque así quedamos todos máis convencidos de que se trataron.
> Estaría ben que alguén levase, sobre cada termo, as intervencións xa feitas
> na rolda para non nos repetir cos argumentos.

É bastante traballo, hai alguén disposto a repartirse o choio? Non
todo o da lista se discutiu pola rolda, pero de algunhas cousas
falouse en máis dun fío.

Eu dixen o de trasanda porque foi o que me dixo o señor presidente
onte. A min gústachemevos moito máis o de trasnada.

2010/10/5 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>
> Falando de frases feitas... adxunto un modelo previo, xa en formato wiki, co
> que levo recollido. O presi iniciou unha folla no wiki ordenado por
> "criterios", ahí eu xa me perdo un chisco, así que quen se aclare que
> empregue este material.

Estiven buscando esa folla do wiki, e non a atopei.

Deica,
              Leandro Regueiro
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a