Esta foi a mensaxe respostada á posíbel colaboración:

-------------------------------------------------------------------------
Ola **************,

Son Fran Diéguez, técnico da Oficina de Software Libre da USC.
Dende a Oficina aledámonos moito da nova de que queiras asumir un destes
proxectos. Coméntoche un pouco como serían tales proxectos e como
poderíamos asumilos de forma máis sinxela.

Comentarche primeiro o background desta necesidade. Os integrantes da
OSL da USC colaboran desde fai moito tempo na tradución de software
libre ao Galego (http://l10n.gnome.org/teams/gl, Ubuntu, Mozilla
Firefox, Thunderbird, etc) e ademais pertencemos a un supragrupo de
tradución de software libre «Asociación Trasno» (http://www.trasno.net).
Polo que as necesidades específicas de ditos proxectos derivan as
necesidades diarias de dito grupo.

Coméntoche agora máis polo miúdo ditos proxectos para que poidas elixir
o que máis che convenza de tódolos xeitos podes acercarte pola Oficina
de Software Libre onde estaremos encantados de darche máis información
en persoa.

Ámbolos dous proxectos deberían ser feitos sobre a linguaxe PHP (*1
preferibelmente) e sobre o Sistema de Xestión de Base de Datos que
prefiras (mentres cumpra co estándar ANSI-SQL). Tamén deberías empregar
Javascript para a interface pública e así crear unha interface rica e
non tan estática. Ademais do noso apoio terías todo o apoio dos
colaboradores da Asociación Trasno xa que son os maiores beneficiarios
de ditas ferramentas. Case todos os integrantes de dita asociación somos
informáticos con estudos superiores polo que terías axuda especializada.

'Servizo Centralizado de Traduccións e Compendios de Software Libre' 
No fluxo diario de tradución de aplicativos de software libre empréganse
varios ficheiros, porén o máis importante ao final (e máis valorado
polos tradutores) son as memorias de tradución. Estas memorias de
tradución supoñen algo así como unha base de datos de pares cadea
orixinal-cadea traducida, que poden empregar os tradutores como
suxestións para as cadeas que están traducindo nun preciso momento. Polo
tanto este proxecto constaría de dúas partes.

Un servidor onde poder subir as devanditas memorias de tradución
mediante unha interface de administración e que poidan ser consultadas a
elas mediante unha interface pública. Ademais de exportar un servizo web
(SOAP, REST, etc.)

E un cliente a implementar como un plugin dentro de Gtranslator que
consulte dito servizo web e que dea suxestións ao traductor para a cadea
que está traducindo nese momento.

Podes ver un diagrama do aplicativo na páxina 45 da Guía de localización
de software fornecida por Mancomun
https://forxa.mancomun.org/docman/view.php/207/135/Manual_localizar_09c.pdf

Este proxecto resulta moi atractivo e non é de moi elevada dificultade.

'Servizo de traducción online integrado nun SCV'
Existen varios sistemas de tradución en liña hoxe en día porén en ningún
deles podes levar a cabo una control de versións do mesmo. 

Todos os proxectos de desenvolvemento software libre hoxe en día lévanse
a cabo nun sistema de control de versións (Git, SVN, CVS, Mercurial,
etc). A principal necesidade é conectar algún dos sistemas de tradución
en liña con ditos sistemas de control de versións (cando menos dous
deles), tentando obter así unha capa de abstracción para crear remisións
contra os SCV de forma periódica.

Neste último caso non estamos seguros que non haxa XA ningún proxecto
que non integre a remisión a repositorios xa que fai algo máis de ano e
medio que propuxemos ditos PFC.

Como vantaxe adicional ao facer estes proxectos software libre poderías
presentarte ao Premio ao mellor proxecto de software Libre de Galiza,
ofrecido pola empresa Igalia, que ademáis do recoñecemento ten unha
compensación económica. http://premiopfcsoftwarelibre.org/

Reiteramos o noso agradecemento pola túa posíbel colaboración e
agardamos pacientes as túas novas.

Saúdos

*1 - A preferencia de PHP é debida ao alto nivel de compatiblidade que
ten PHP en todos os servidores web ofrecidos polas empresas de hosting,
e ademais polo seu aforro en recursos iniciais.

----------------------------------------------------------------------

Regards,
Fran

-- 
Enviado desde Ubuntu


O Mér, 06-10-2010 ás 11:46 +0200, Fran Dieguez escribiu:
> Ola rapaces, 
> 
> non sei se lembrades que fai case dous anos propúxen na USC un par de
> proxectos PFC relacionados coa tradución:
> 
> Para lembrarvos de que iban aquí vos vai o título:
> 'Servizo Centralizado de Traduccións e  Compendios de Software Libre'
> 'Servizo de traducción online integrado nun SCV'
> 
> Sígo comentándovos segundo avancen os acontecementos, porén polo momento
> só van elixir entre un dos dous proxectos.
> 
> Saúdos

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a