De todos xeitos, como fixo damufo, calquera trasnego (previa petición aos 
admins) pode publicar directamente en Trasno sobre aquilo en que Trasno está 
metido. É dicir, podería resultar innecesario facer un blogue aparte para 
Mozilla cando (@Enrique) podes publicalo no propio sitio de Trasno.

Outro asunto son os que teñan un blogue de seu e de cando en vez publiquen 
algo sobre Trasno, ou os que xa teñen un blogue fóra de Trasno para asuntos 
puramente relacionados con Trasno (OpenOffice). Para reunir a estes estaría ben 
o “planet”.

En fin, que para o que se pediu imaxino que o “planet” non é necesario, aínda 
que podería estar ben para algúns casos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a