2010/10/6 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> AVISO: é un correo longo, abrir cando se teña tempo libre, ou correrase o
> risco de borralo nun acto de “autodefensa”.
>
> Bueno, retomando o costume de Leandro, comezo a interrogarvos sobre algúns
> novos nomes de unidade de Wesnoth, para decidirmos entre todos cal será a
> tradución fixada de cada un deles. Cando os teñamos decididos procurarei
> ademais de aplicalos poñer o resultado no Glósima.
>
> Draconiáns:
>
> ----------------------------------------------------------------------------------------------------
>
> Drake Arbiter
>  Os NOME tómanse moi en serio o seu deber de asegurar que se cumpra a orde.
> Para cumprir mellor cos seus deberes, renunciaron ás poutas de man
> tradicionais dos draconiáns e cambiaron as súas lanzas pola pica e maila
> folla
> da alabarda. Para eles, a perda de capacidade para manobrar vese
> recompensada
> polo brutal peso da cabeza de puro metal. A súa grosa armadura protéxeos
> das
> armas capaces de coarse entre as súas escamas.
>
>  Algunhas opcións:
>  → Draconián árbitro
>  → Draconián mediador
>  → Draconián regulador
>
> battle claws
>  Algunhas opcións:
>  → poutas de batalla («poutas» está fixado para “claws”)
>  → gadoupas de batalla
>  → garras de batalla
>
> war talon
>  Algunhas opcións:
>  → pouta de guerra
>  → gadoupa de guerra
>  → garra de guerra
>
> ram
>  Algunhas opcións:
>  → turrar
>  → turrada (subst.)
>  → trucar
>  → trucada (subst.)
>
> war blade
>  Algunhas opcións:
>  → espada de guerra
>  → espada guerreira
>
> Drake Thrasher
>  En vez de utilizar a súa armadura como mera protección, os NOME aprenderon
> a
> aproveitar o seu peso xunto co do seu propio corpo para conseguir un maior
> impulso e así aumentando a forza dos golpes que asestan coas súas poutas. O
> corpo e a protección están sincronizados. Mesmo utilizan o seu groso helmo
> ─e
> o seu groso cranio─ como armas de combate. Os NOME non teñen problema para
> cumprir cos deberes da súa caste, sempre que estes estean ligados ao campo
> de
> batalla.
>
>  Nota: avanza dende o “Draconián batallador” e cara o  “Draconián
> executor”.
>  Nota 2: “trash” é neste contexto mallar, pegar, bater, etc.
>
>  Non se me ocorren opcións que me gusten. Tirade da imaxinación.
>
>
> Ananos:
>
> ----------------------------------------------------------------------------------------------------
>
> Os tres seguintes son unha póla dos ananos completamente nova, e todos
> están
> en torno ao concepto de explorar. Con respecto a este termo xa existen
> outras
> unidades das que se pode aproveitar a terminoloxía. Por exemplo, a póla dos
> elfos “Elfo explorador” → “Elfo xinete” → “Elfo batedor”. Se substituímos
> “xinete” por “rastreador” ou “rastrexador”, xa temos tres posibilidades que
> combinar no anano. Agradecería que a orde no anano non contradixese á da
> póla
> dos elfos, e se o fai, propoño que os cambios na orde se apliquen aos elfos
> tamén (mesmo cambiar “xinete” pola forma utilizada cos ananos). Póñoos na
> orde
> en que avanzan (de menor a maior nivel):
>
> Dwarvish Scout
>  Os NOME son uns superviventes por natureza. Poden pasar meses
> percorréndose
> bosques e montañas en busca de depósitos de minerais sen máis axuda que a
> do
> equipamento que levan. Se ben o combate corpo a corpo non se lles dá tan
> ben
> coma a outros ananos, non teñen rival no que ao lanzamento de machados se
> refire, unha habilidade que perfeccionaron durante as súas xornadas de caza
> polo monte. A súa gran capacidade para manobrar, especialmente naqueles
> terreos cos que están familiarizados, fan deles como pouco uns inimigos a
> ter
> en conta.
>
>  Algunhas opcións:
>  → Anano explorador
>  → Anano rastreador
>  → Anano rastrexador
>  → Anano batedor
>
> Dwarvish Pathfinder
>
>
>  Algunhas opcións:
>  → Anano explorador
>  → Anano rastreador
>  → Anano rastrexador
>  → Anano batedor
>
> Dwarvish Explorer
>  Algunhas opcións:
>  → Anano explorador
>  → Anano rastreador
>  → Anano rastrexador
>  → Anano batedor
>
>
> Outras cousas:
>
> ----------------------------------------------------------------------------------------------------
>
> E hai un termo que me gustaría comentar, relacionado tamén coas unidades do
> Wesnoth: “ceramic”. O Wordreference lévame a “cerámica”, e o meu Castelán-
> Galego de papel lévame a «cerámica», pero a min non deixa de soarme a
> «porcelana», e «porcelana» sóame a material para os adornos. Credes que
> podo
> poñerlle “barro” para referirme a “ceramic” (no contexto dun dos materiais
> cos
> que se fan as armaduras dos draconiáns)?.
>

No resto dos termos non entro por descoñecemento do que é un xogo, pero o de
cerámica creo que é un termo que xa está asentado como correspondente a un
material tecnolóxico.


>
>
> E bueno, de momento só isto. A maior parte das traducións están xa fixadas
> de
> antes, polo que aínda que de momento só revisei o 20% do ficheiro «wesnoth-
> units» non creo que vaia haber moitos correos máis sobre outras unidades
> (un,
> dous como moito).
>
> Un saúdo, e grazas a todos de antemán.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a