2010/10/6 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> Esta foi a mensaxe respostada á posíbel colaboración:
>
> -------------------------------------------------------------------------
> Ola **************,
>
> Son Fran Diéguez, técnico da Oficina de Software Libre da USC.
> Dende a Oficina aledámonos moito da nova de que queiras asumir un destes
> proxectos. Coméntoche un pouco como serían tales proxectos e como
> poderíamos asumilos de forma máis sinxela.
>
> Comentarche primeiro o background desta necesidade. Os integrantes da
> OSL da USC colaboran desde fai moito tempo na tradución de software
> libre ao Galego (http://l10n.gnome.org/teams/gl, Ubuntu, Mozilla
> Firefox, Thunderbird, etc) e ademais pertencemos a un supragrupo de
> tradución de software libre «Asociación Trasno» (http://www.trasno.net).
> Polo que as necesidades específicas de ditos proxectos derivan as
> necesidades diarias de dito grupo.
>
> Coméntoche agora máis polo miúdo ditos proxectos para que poidas elixir
> o que máis che convenza de tódolos xeitos podes acercarte pola Oficina
> de Software Libre onde estaremos encantados de darche máis información
> en persoa.
>
> Ámbolos dous proxectos deberían ser feitos sobre a linguaxe PHP (*1
> preferibelmente) e sobre o Sistema de Xestión de Base de Datos que
> prefiras (mentres cumpra co estándar ANSI-SQL). Tamén deberías empregar
> Javascript para a interface pública e así crear unha interface rica e
> non tan estática. Ademais do noso apoio terías todo o apoio dos
> colaboradores da Asociación Trasno xa que son os maiores beneficiarios
> de ditas ferramentas. Case todos os integrantes de dita asociación somos
> informáticos con estudos superiores polo que terías axuda especializada.
>
> 'Servizo Centralizado de Traduccións e Compendios de Software Libre'
> No fluxo diario de tradución de aplicativos de software libre empréganse
> varios ficheiros, porén o máis importante ao final (e máis valorado
> polos tradutores) son as memorias de tradución. Estas memorias de
> tradución supoñen algo así como unha base de datos de pares cadea
> orixinal-cadea traducida, que poden empregar os tradutores como
> suxestións para as cadeas que están traducindo nun preciso momento. Polo
> tanto este proxecto constaría de dúas partes.
>
> Un servidor onde poder subir as devanditas memorias de tradución
> mediante unha interface de administración e que poidan ser consultadas a
> elas mediante unha interface pública. Ademais de exportar un servizo web
> (SOAP, REST, etc.)
>
> E un cliente a implementar como un plugin dentro de Gtranslator que
> consulte dito servizo web e que dea suxestións ao traductor para a cadea
> que está traducindo nese momento.
>
> Podes ver un diagrama do aplicativo na páxina 45 da Guía de localización
> de software fornecida por Mancomun
> https://forxa.mancomun.org/docman/view.php/207/135/Manual_localizar_09c.pdf
>
> Este proxecto resulta moi atractivo e non é de moi elevada dificultade.
>
> 'Servizo de traducción online integrado nun SCV'
> Existen varios sistemas de tradución en liña hoxe en día porén en ningún
> deles podes levar a cabo una control de versións do mesmo.
>
> Todos os proxectos de desenvolvemento software libre hoxe en día lévanse
> a cabo nun sistema de control de versións (Git, SVN, CVS, Mercurial,
> etc). A principal necesidade é conectar algún dos sistemas de tradución
> en liña con ditos sistemas de control de versións (cando menos dous
> deles), tentando obter así unha capa de abstracción para crear remisións
> contra os SCV de forma periódica.
>
> Neste último caso non estamos seguros que non haxa XA ningún proxecto
> que non integre a remisión a repositorios xa que fai algo máis de ano e
> medio que propuxemos ditos PFC.

Agora mesmo Pootle e Transifex xa fan isto. Ademais temos Narro, do
que non sei moito e que pode que tamén o faga. Keko poderá comentar
máis sobre o Narro. E estou case seguro de que hai máis.

Xa que estamos co tema dos PFC coméntovos que estou comezando o meu e
vai sobre facer un Glósima mellor feito e integrado co Translate
Toolkit e familia. Chamareille algo como "Sistema web de discusión
colaborativa de terminoloxía para localización de software libre".

> Como vantaxe adicional ao facer estes proxectos software libre poderías
> presentarte ao Premio ao mellor proxecto de software Libre de Galiza,
> ofrecido pola empresa Igalia, que ademáis do recoñecemento ten unha
> compensación económica. http://premiopfcsoftwarelibre.org/
>
> Reiteramos o noso agradecemento pola túa posíbel colaboración e
> agardamos pacientes as túas novas.
>
> Saúdos
>
> *1 - A preferencia de PHP é debida ao alto nivel de compatiblidade que
> ten PHP en todos os servidores web ofrecidos polas empresas de hosting,
> e ademais polo seu aforro en recursos iniciais.
>
> ----------------------------------------------------------------------
>
> Regards,
> Fran
>
> --
> Enviado desde Ubuntu
>
>
> O Mér, 06-10-2010 ás 11:46 +0200, Fran Dieguez escribiu:
>> Ola rapaces,
>>
>> non sei se lembrades que fai case dous anos propúxen na USC un par de
>> proxectos PFC relacionados coa tradución:
>>
>> Para lembrarvos de que iban aquí vos vai o título:
>> 'Servizo Centralizado de Traduccións e  Compendios de Software Libre'
>> 'Servizo de traducción online integrado nun SCV'
>>
>> Sígo comentándovos segundo avancen os acontecementos, porén polo momento
>> só van elixir entre un dos dous proxectos.
>>
>> Saúdos
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a