2010/10/6 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>
> 2010/10/6 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>>
>> De todos xeitos, como fixo damufo, calquera trasnego (previa petición aos
>> admins) pode publicar directamente en Trasno sobre aquilo en que Trasno
>> está
>> metido. É dicir, podería resultar innecesario facer un blogue aparte para
>> Mozilla cando (@Enrique) podes publicalo no propio sitio de Trasno.
>
> exacto, se aínda non tedes permisos pedídelos aquí ou en admin at
> trasno.net
> Home, do falado esto hai dúas aproximacións: ou todos publicamos na entrada
> ou na entrada só novas e temos un planet aparte.
> O problema de publicar todos na portada é que logo o que sae aí da a
> impresión de "oficialidade" e non de entrada de blogue, o cal se fai un
> pouco caótico para o lector da web, IMHO. Penso que é bo ter separados novas
> (lanzamentos, eventos...) de entradas un pouco máis persoais etc. Que
> opinades?. O do planet paréceme boa idea.
> @keko: o de socio non socio non creo que sexa relevante, si o contido se vai
> saír na portada; aí coincido con Fran. Pero para que primeiro che deamos
> permiso terasate que rexistrar ou dicirme cal é o teu nick ;)

E tendo un blog en Trasno non se publica na páxina principal xa? Non
vexo a razón de limitalo só a tradución de Mozilla, eu penso que
calquera cousa relacionada ca localización de SL podería publicarse
sen problema.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a