2010/10/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>
>> Xa que estamos co tema dos PFC coméntovos que estou comezando o meu e
>> vai sobre facer un Glósima mellor feito e integrado co Translate
>> Toolkit e familia. Chamareille algo como "Sistema web de discusión
>> colaborativa de terminoloxía para localización de software libre".
>
> Entendo entón que abandonas do desenvolvemento do Glósima?

Entende que non teño tempo para todo. A verdade é que en Glósima hai
que arranxar dúas ou tres cousas, pero arranxareinas para que Trasno
poida traballar con el.

A idea do meu PFC é facer algo que se integre cas ferramentas CAT para
localización de SL, que o adopten varios proxectos de localización
(varios idiomas), e que nun futuro substitúa a Glósima en Trasno. Sei
que ti querias Glósima como sistema de discusión xeral de terminoloxía
non centrado só na localización, e igual queda para "futuros
desenvolvementos" do meu PFC, ou cando remate o PFC se teño
tempo/ganas igual lle fago algo máis ao Glósima, pero non prometo
nada.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a