Xa está publicado o artigo.

Ollo coa instalación do ure
LibO-URE_1.7_beta2_Linux_x86_install-deb_en-US.tar.gz

Debido a problemas de rutas cando se instala LibO, ao sobreescribir o
ure de openoffice (ou algo así, que non o teño claro) pode causar que
non arranque o LibO. Soluciónase instando o URE antes do paquete base.
Ou reinstalando este último, o base, despois.

Parece que se está traballando no tema (Jesús Corrius acaba de enviar parches).

Os representantes de Oracle no Consello da Comunidade (CC) están a
presionar para que os membros da comunidade que lideran a TDF e
LibreOffice abandonen OOo.org. Parece lóxico, pero é que OOo.org é
tamén a comunidade, non Oracle.  Comento isto aquí porque parece que
se entende por parte de Oracle, que non se pode estar nos dous lados
como representante. Non teño claro se isto inclúe tamén aos
coordinadores de tradución (leader of Native Lang) e por tanto a min
mesmo. O vindeiro martes, solución.


E unha nota dun asunto distinto: o corrector estándar actual dá por
válido *petroglifo e marca como descoñecida petróglifo, que é o
correcto.





2010/10/15 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Xa está Antón preparando o artigo para a portada de Trasno.net
>
>
> Como instalalo:
>
> imos a:
> http://download.documentfoundation.org/libreoffice/testing/3.3.0-beta2/
> aí eliximos o S.O
>
> no caso dos .deb de 32 bits:
> http://download.documentfoundation.org/libreoffice/testing/3.3.0-beta2/deb/x86/
> e no de 64:
> http://download.documentfoundation.org/libreoffice/testing/3.3.0-beta2/deb/x86_64/de
>
> desde aí descargamos tres paquetes (cambiará Linux_x86 por Linux_x86-64):
> LibO_3.3.0_beta2_Linux_x86_install-deb_en-US.tar.gz
> LibO_3.3.0_beta2_Linux_x86_langpack-deb_gl.tar.gz
>
> descomprimimos os dous paquetes e teremos dous cartafoles, un "en_US" e un
> "gl"
>
> procedemos a instalar:
>
> imos ao primeiro cartafol
> cd /home/miguel/Escritorio/en-US/DEBS
>
> instalamos
> sudo dpkg -i *.deb
>
> entramos no carrtafol /desktop-integration
> cd desktop-integration/
>
> instalamos
> sudo dpkg -i *.deb
>
> imos ao segundo cartafol
> cd /home/miguel/Escritorio/gl/DEBS
>
> instalamos
> sudo dpkg -i *.deb
>
> xa debemos ter o LibreOffice en galego
>
> Nalgún fío de LibO falan de que nalgún caso é preciso instalar
> LibO-URE_1.7_beta2_Linux_x86_install-deb_en-US.tar.gz
>
> a dinámica é a mesma, ollo este cartafol tamén se chama "en_US", polo que ao
> descomprimilo aparecerános como "en_US (2)" a non ser que movamos ou
> eliminemos o anterior.
> entramos ao cartafol
> cd /home/miguel/Escritorio/en-US\ \(2\)/DEBS/
>
> instalamos
> sudo dpkg -i *.deb
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a