Ostras!

O do cliente de terminal é moi bo. A min realmente o que me interesa é
que se poida automatizar.

Eu teño escrito uns pequenos scripts que me descargan os cambios desde
todos os proxectos GNOME desde o repositorio git central só se hai
cambios nas cadeas e nese caso móstrame unha notificación de que teño
traballo pendente.

Chegado ao momento estaba pensando en implementar un sistema de colas ou
integralo con un sistema de tracking de proxectos, que me cree tickets
de traballo con estimacións do tempo que me levaría. 

Todo isto para cuantificar o tempo e traballo feito. A veces creo que é
preciso cuantificar o traballo voluntario que facemos.

Se o que me comentas do cliente de terminal funciona ben só tería que
cambiar unha das capas que teño implementadas.

Grazas e saúdos.
-- 
Enviado desde Ubuntu


O Lun, 18-10-2010 ás 17:22 +0200, Felipe Gil-Castiñeira escribiu:
> Ola Fran,
> 
> Pódoche dicir que o usan en Fedora e tamén en MeeGo (creo ademais que
> Intel está financiando o seu desenvolvemento). O desenvolvedor principal
> creou hai pouco tempo unha empresa que ofrece servizos sobre Transifex:
> http://www.indifex.com/
> 
> 
> On 18/10/10 16:57, Fran Dieguez wrote:
> 
> > O meu principal medo e que pechen a posibilidade de uso do git directo e
> > me vexa forzado a enviar toooodos os ficheiros (uns 50) ao Transifex, no
> > hipotetico caso de que se migre. 
> 
> Non sei se che sería suficiente, pero Transifex ofrece un cliente para a
> liña de ordes: http://help.transifex.net/user-guide/client.html
> 
> > Coido que isto non vai ser asi pero ao
> > que vinha esta mensaxe era:
> > 
> > Que opinades do Transifex? Madurez? Funcions? Vantaxas? Desvantaxas?
> > 
> 
> Miguel Bouzada estáo usando moito máis intensamente ca min (e creo
> recordar que Leandro o usa desde hai ben tempo), así que as súas
> opinións son moito máis autorizadas, pero a min estame gustando bastante
> xa que permite ter unha interface centralizada para tódolos ficheiros
> (independentemente do tipo de repositorio co que se traballe en
> "upstream"), bloqueándoos cando alguén está traballando neles. Agora
> tamén ten un editor para traducir directamente en liña, e soporta tanto
> gettext como Qt.
> 
> Un saúdo.
>       Felipe.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a