Compartir escoitas pode ir moi ben nos casos tipo Last.fm pero o termo
ten aplicación máis polivalente. Non só vale para cancións.

Propoño algo como "índice" en lugar de rexistro, porque porque a
función non é a de arquivar, anotar, senón a de indicar algún tipo de
dato, de prioridade (a escolla que facemos, o que nos gusta, o que
optamos por ler, escoitar, ver, ter).

Compartir índice (+ escoitas/videos/lecturas) sería máis adaptable, e
igualmente curto.

Non coñezo ningunha palabra que dea por si soa o sentido que se busca.

Saúdos,

Antón


2010/10/21 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Vou a aplicar «Compartir escoitas» nos dous aplicativos que están da miña
> man: pyjama e deadbeef
>
>
> 2010/10/21 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>>
>> Eu usei non sei onde «escoita» para referirme ao substantivo. Scrobbling
>> sería
>> enviar ditas escoitas a un servidor («enviar escoitas»), claro que
>> xeralmente
>> é para unha rede social (Last.fm, Libre.fm, etc.) polo que o «compartir
>> escoitas» paréceme unha boa adaptación do verbo.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a