Quedou xa claro... pero como documentación do fío engado algo máis.

2010/10/28 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> Mágoa que eu os libros (Samuel e Crónicas) nos que se fala da tál "Abigail"
> non os teño, atopei referencias en pt_BR
> http://www.paulus.com.br/BP/A60.HTM,

Magnífico recurso. Iso si que é un corpus

incluso na wikipedia brasileira aparece
> como Abigáil (co til no segundo a) e en san google aparecen personaxes
> brasileiros coa grafía do til no segundo a.
>

Parece que en Sudamérica é frecuente o nome con cambio de acentuación,
tanto en portugués como en español. Obviamente, non nos é propio a
nós. Penso que se trata simplemente da influencia do inglés, onde é un
nome de uso moito máis moderno, a partir da moda dunha novela, con
pronuncia esdrúxula pero trisílabo

ab·i·gail

http://www.merriam-webster.com/dictionary/abigail


Aquí está a versión da Biblia en galego, que é unha tradución directa
feita a partir dos textos "orixinais" en hebreo, arameo e grego. Estou
manexando a 3ª edición, do 2001

(Libro primeiro, capítulo 25, 3)

«David, Nabal e Abigail
...
Chamábase Nabal e a súa muller Abigail. A muller era asisada e belida;
pero o home, un calebita, era áaspero e retorto.»

Para o inglés e segundo a referencia consultada, a pronuncia do nome
bíblico, que non o nome popular, é aproximada sempre con acentuación
no primeiro -a- pero con dúas sílabas... - non sei, moito afinar me
parece a min-.

abh  "father" + gil  "to rejoice."
ˈæbɪˌɡeɪl

Como vedes é moi forte a separación silábica entre as dúas sílabas
polo que resulta probable, especulo, que sexa a razón pola que en
castelán é portugués se reacentuase a parte final.

Como curiosidade, na Biblia en galego aparecen certos nomes, hoxe
frecuentes en Galicia como Ionatán (e non Iónatan, nin Xónatan senón
con acento agudo, moi lonxe da influencia anglosaxona), Xaúl (non
Saúl, lonxe da influencia castelá) e David (diferente do Daví,
portugués), Abxalóm, ... O que quere dicir que nos encontramos no
mesmo caso que con Abigail.

En galego debería ser Ionatán... pero o feito é que se usa Iónatan por
moda inglesa, así que podemos ter os dous ... o da Biblia, agudo, e o
nome popular esdrúxulo. Tamén pasa con nomes tradicionais Xosé-Xose,
aínda que este último se considera uso oral familiar e non adoita ter
transcendencia escrita.

Que debemos facer no corrector? Corrixir nomes propios como Rosário,
José, etc...?

Eu, pola súa escaseza quitaría ese nome, Abigail, da lista do dicionario
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a