Grazas polas túas aportacións Antón, sen dúbida a corrección das
traducións non sería o mesmo sen a túa figura e as túas contribucións.

"Sucking dicks time" off.
-- 
Fran Dieguez
Coordinator of Galician translators team of GNOME and Ubuntu
Trasno Association (www.trasno.net) 

O Mar, 02-11-2010 ás 22:08 +0100, Antón Méixome escribiu:
> 2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> > 2010/11/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >> 2010/11/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> >>> 2010/11/2 Javier Pico <fjpa.fazo...@gmail.com>:
> >>>>
> >>>>
> >>>> 2010/11/2 marcoslansga...@gmail.com <marcoslansga...@gmail.com>
> >>>>>
> >>>>> Appointment e meeting están traducidos ambos os dous como 'Cita' no
> >>>>> evolution. Que pensades de traducir appointment como 'cita' e meeting
> >>>>> como 'reunión'??
> >>>>
> >>>> +1
> >>>>
> >>
> >> +1
> >>
> >> Resumo da miña posición
> >>
> >> appointement - cita
> >> meeting - 1. reunión, encontro
> >>              2. mitin, acto político
> >> event - 1. actividade, actuación
> >>           2. evento
> >>
> >>
> >>
> >> Quizais «meeting» como «encontro» acaia mellor nalgúns contextos.
> >> Quero dicir que se podería manter un dobrete reunión/encontro.
> >
> > Independentemente de se as dúas son válidas penso que sería preferible
> > usar unha soa.
> >
> >>>> Parécenme correctas esas traducións que propós.
> >>>
> >>> Despois de facer números e consultar as opcións escolleitas nos
> >>> glosarios parece que o que se fai e se recomenda é o que ti dis.
> >>>
> >>>>> Tamén event aparece unhas veces como 'evento' e outras como
> >>>>> 'actividade', non encontro ningún acordo sobre isto, por cal opto??
> >>>>>
> >>
> >> Respecto de «event» traducido como «evento» ten certas arestas, porque
> >> tanto en galego como en castelán os seus valores non son tan amplos
> >> coma no inglés. Moitos autores consideran un anglicismo inaceptable,
> >> un falso amigo, o de «evento» significando "calquera cousa". En galego
> >> refire circunstancias extraordinarias, non planificadas ou
> >> inesperadas. En español, os usos parellos aos do inglés son
> >> considerados americanismos... xa sabemos por qué.
> >>
> >> [gl]
> >> eventos.m. 1. Suceso posible. Cómpre estar preparados para calquera
> >> evento. 2. Cousa que sucede. Foi todo un evento para a vila a visita
> >> real. SIN. acontecemento, suceso.
> >>
> >> [en]
> >> Event can refer to many things such as:
> >>
> >>    * A phenomenon, any observable occurrence, or an extraordinary 
> >> occurrence
> >>
> >> A type of gathering:
> >>
> >>    * A ceremony, for example, a marriage
> >>    * A competition, for example, a sports competition
> >>    * A convention (meeting)
> >>    * A happening, a performance or situation meant to be considered as art
> >>    * A festival, for example, a musical event
> >>    * A media event, a happening that attracts coverage by mass media
> >>    * A party
> >>    * A sporting event
> >>
> >> [es]
> >> Di a RAE
> >>
> >> evento.
> >>
> >> (Del lat. eventus).
> >>
> >> 1. m. acaecimiento.
> >>
> >> 2. m. Eventualidad, hecho imprevisto, o que puede acaecer.
> >>
> >> 3. m. Cuba, El Salv., Méx., Perú, Ur. y Ven. Suceso importante y
> >> programado, de índole social, académica, artística o deportiva.
> >>
> >> Pero,
> >>
> >> Por exemplo, no Diccionario de usos y dudas del español actual, do
> >> mestre José Martínez de Sousa, auténtica autoridade na norma escrita
> >> do español:
> >>
> >> «... Es impropiedad aplicar esta palabra a sucesos previstos y
> >> preparados. Obsérvese que la propia Academia lo define como
> >> eventualidad, es decir, lo que puede suceder o no. »
> >>
> >> [pt]
> >> evento
> >> s. m.
> >> 1. Acontecimento; sucesso.
> >> 2. Êxito.
> >>
> >>
> >> En resumo, en galego non é aceptable evento, en español, medianamente
> >> pero en xeral non; e en portugués tampouco... outra cousa é a moda
> >> actual en redes sociais, prensa, política, ... O mesmo se pode aplicar
> >> ao uso de «eventual» que hai quen xa o utiliza á maneira inglesa, co
> >> valor de algo definitivo, ou resultado final, cando o significado que
> >> nós lle damos é de algo que depende case dun azar fatal, accidental ou
> >> moi de circunstancias.
> >>
> >> Cando algo se programa é forma parte dun conxunto de actividades, é
> >> unha actividade... e para quen a realiza, tamén é unha actuación,
> >> desde un grupo de teatro a un xuíz. A diferencia entre
> >> actividade/actuación é o grao de formalidade, transcendencia ou
> >> responsabilidade, sempre máis acusado no caso de actuación, que por
> >> algo deriva de «acto».
> >>
> >> Iso por un lado. Polo outro está o uso como termo computacional, onde
> >> non hai ningún problema en consideralo unha acción ou mensaxe
> >> informativa entre o computador e o usuario. Ex. Os clics do rato e
> >> acción programada que executan, serían eventos do rato. Aquí sería
> >> unha adaptación do inglés «event» no ámbito da especialidade,
> >> perfectamente viable.
> >
> > Se entendín ben "evento" é aceptable para cousas como o dos eventos do
> > rato, pero non no contexto de "actos públicos" como a XGN ou algo así,
> > non? A verdade é que non estou seguro de telo entendido :)
> 
> 
> A XGN é un evento? Mancomún di que si... e RAG di que non
> http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/obradoiros-de-software-libre-na-xgn/
> 
> É un acontecemento? non, é unha reunión anual, unha feira, unha festa,
> unha celebración, unha xoldra que alguén mantén como actividade
> ordinaria e onde actúan un bo feixe de actores, entre eles
> programadores culturais, xestores e xornalistas "contaminados" pola
> influencia do inglés e polo americanismo cool. Como lingüista non podo
> admitir que «evento» sexa terminoloxía necesaria dos medios de
> comunicación, así que censuro o seu mal uso. A moda esta non ten din
> 10 anos. E no caso da XGN, en bo inglés diríase «exhibition» que é ben
> máis preciso ...
> 
> Un evento é o que lles pasou co de Málaga, a inesperada cancelación
> http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/a-libre-software-world-conference-celebrase-o-27-de-outubro-en-malaga/
> 
> O clic do rato que abre unha páxina nunha lapela é un evento ? si e
> tameń calquera uso específico en programación, control de datos... en
> resumo é unha función
> http://www.springerlink.com/content/y2154583r2837270/
> 
> 
> 
> 
> >
> >>>> Supoño que, como en moitos outros casos, podes optar pola que mellor se
> >>>> axeite en cada ocasión.
> >>>
> >>> Pode que en contextos diferentes necesiten traducións diferentes.
> >>>
> >>> A próxima vez que envíes consultas sobre terminoloxía que o asunto da
> >>> mensaxe comece por "[Terminoloxía]", por favor.
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a