No meu centro xa chegaron, pero o coordinador do proxecto di que ten
prohibido abrilos ata que non fagan a instalación nas aulas
respectivas do wifi e demais. Tamén chegaron os armarios de carga e
almacén. Cando podamos abrir un, xa informarei...
Saúdos
Manuel Vázquez

2010/11/3 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Mellor esperar. Cando teña un nas mans examínoo e miro que cousas ocultas pode
> ter.
>
> Xosé
>
>
> O Mércores 03 Novembro 2010 15:00:58 Miguel Branco escribiu:
>> «Estes ordenadores veñen equipados co máis recente sistema operativo Ubuntu
>> (un dos máis empregados pola comunidade de usuarios e deseñadores de
>> programación aberta) e, segundo informa a Xunta, incorporan o galego por
>> defecto»
>>
>> Creo que temos unha alusión directa aquí. A falta de comprobalo na
>> realidade (como están os sitemas e tal, xa que pouco me fío a estas
>> alturas), benvido sexa o proxecto.
>>
>> Ao voso criterio deixo se redactamos unha nova felicitando a iniciativa ou
>> non.
>>
>> Saúdos!
>>
>>
>>
>> 2010/11/2 Fran Diéguez <fran.dieg...@mabishu.com>
>>
>> > Os ultraportátiles darán acubillo a un sistema operativo Ubuntu 10.04 e á
>> > lingua galega como opción por defecto, manifestou a Xunta!!!!
>> >
>> >
>> >
>> > Enviado por Fran Diéguez a través de Google Reader:
>> >
>> >
>> > Case 15.000 escolares galegos recibirán os ultraportátiles de ABALAR ao
>> > longo do mes de
>> > novembro<http://www.codigocero.com/Case-15-000-escolares-galegos> vía
>> > Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia <http://codigocero.com/>de
>> > Redacción el 2/11/10
>> >
>> >  Logo de certos
>> >  retrasos<http://www.codigocero.com/Demoras-na-chegada-dos-primeiros>rel
>> >  acionados co aprovisionamento do material informático que constitúe unha
>> >
>> > das bases de ABALAR, a iniciativa do Goberno galego para dixitalizar as
>> > aulas do país semella que colle forza. De feito, será este mércores 3 de
>> > novembro cando se poña ao alcance da comunidade escolar o portal da
>> > iniciativa e, ademais, darase continuidade nas vindeiras semanas ao
>> > espallamento de ultraportátiles para os alumnos e mestres que comezou xa
>> > na recta final de outubro. Así o comunicou a Consellería de
>> > Educación<http://www.edu.xunta.es/web/node/1677>ante os medios
>> > informativos no mediodía deste martes 2, cita cos xornalistas que lle
>> > serviu á Xunta para botar luz sobre algúns dos principais obxectivos de
>> > ABALAR, a curto e medio prazo: levar equipamento informático a 14.500
>> > escolares a longo do mes de novembro e converter en dixitais (ao longo
>> > deste curso) máis de 700 aulas de 300 centros educativos do noso país. O
>> > proceso virá acompañado da posta en marcha do portal-plataforma
>> > EspazoABALAR e incluirá entre outras cousas a achega masiva de equipos
>> > informáticos Inves Noobi 10. Os ultraportátiles darán acubillo a un
>> > sistema operativo Ubuntu 10.04 e á lingua galega como opción por
>> > defecto, manifestou a Xunta, que lembrou que nas vindeiras semanas
>> > complementarase esta opción coa achega doutros idiomas.
>> > Na presentación de ABALAR participaron o conselleiro de Educación, Xesús
>> > Vázquez, a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira, e máis o
>> > subdirector xeral de Sistemas Informáticos de Educación, Carlos Vázquez,
>> > quen fixo unha demostración práctica do funcionamento e recursos
>> > dispoñibles do portal de ABALAR.
>> > Xesús Vázquez, amais de expor as obxectivos xenéricos da iniciativa,
>> > quixo salientar o carácter “*ambicioso*” da mesma, tanto no vieiro da
>> > modernización do sistema educativo como na modernización do país. “*O
>> > noso obxectivo*”, dixo, “*é conseguir que ao rematar o curso 2013/2014 o
>> > alumnado de 5º e 6 º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria dispoña do
>> > equipamento e formación para acadar a plena integración das novas
>> > tecnoloxías do coñecemento”.* Para comezar, dixo, este curso escolar
>> > máis de 14.500 rapazas e rapaces de 5º de Primaria e 1º da ESO entrarán
>> > a formar parte desta iniciativa, o que supón a concorrencia de máis de
>> > 700 aulas de 300 centros educativos. En termos orzamentarios,
>> > puntualizou, estariamos a falar de máis de 12 millóns de euros para este
>> > ano académico, dos que máis do 60% proceden da Xunta.
>> > *Equipos ultraportátiles*
>> > Os equipos ultraportátiles Inves Noobi 10 que subministra a empresa
>> > galega Coremain constitúen un dos piares fundamentais do proxecto e en
>> > boa medida unha das facianas visibles. Estes ordenadores veñen equipados
>> > co máis recente sistema operativo Ubuntu (un dos máis empregados pola
>> > comunidade de usuarios e deseñadores de programación aberta) e, segundo
>> > informa a Xunta, incorporan o galego por defecto. O programa, con
>> > potencial de abondo como para permitir as mesmas funcionalidades (ou
>> > máis) cás dunha boa parte dos programas pechados, é unha das claves de
>> > ABALAR, posto que pola súa natureza aberta e participativa permite un
>> > abaratamento importante dos custes por mor das licenzas e unha meirande
>> > capacidade de adaptación ás necesidades dos usuarios. Xa nun plano
>> > técnico, o portátil conta cunha pantalla rotatoria e táctil. As aulas
>> > que van dar acubillo aos ultraportátiles estarán dotadas doutro equipo
>> > para uso docente, tamén con software libre e incluíndo programas
>> > educativos e de accesibilidade para “*facilitar*”, en palabras da Xunta
>> > “*a integración das TIC sen ningún tipo de exclusión social*”. Amais
>> > disto, as clases contarán cun encerado dixital táctil que permitirá “
>> > *sesións máis interactivas*” e cun proxector de distancia ultra-curta
>> > que evita as sombras sobre o dito encerado. Tamén se equipará as aulas
>> > cun armario de carga para amorear os ultraportátiles dos rapaces,
>> > *“elemento que ademais ten a funcionalidade de ser empregado como
>> > reforzo multimedia*”, e darase acubillo a un punto de rede Wi-Fi para
>> > garantir a boa conexión. A iniciativa ABALAR, que xa incluíu a formación
>> > de 300 coordinadores TIC (proceso de educación ao que serán incorporados
>> > 2.500 profesores e as familias implicadas no dito proxecto), ten dende
>> > setembro en funcionamento unha aula piloto na sede de Educación, amais
>> > de cinco centros piloto, espazos dixitalizados, noutros tantos centros
>> > educativos. As aulas pioneiras serviron para ultimar o espallamento da
>> > iniciativa, “*eliminando riscos e mellorando no posible os tempos e os
>> > traballos a despregar logo”.* Amais de todo isto, déuselle corpo á
>> > plataforma EspazoABALAR, portal que se abre o mércores á comunidade
>> > escolar, incluíndo ás familias (que poden realizar seguimentos
>> > académicos en liña e máis establecer comunicación cos profesores, entre
>> > outras cousas).
>> > A plataforma, posta en marcha para fomentar a participación cidadá no
>> > eido do sistema educativo (e tamén para reducir as cargas de traballo da
>> > Administración), incluirá un repositorio de contidos educativos dixitais
>> > de Galicia, ferramenta de xestión, difusión e uso de recursos educativos
>> > dixitais seleccionados pola Consellería de Educación, “*que os axentes
>> > da comunidade escolar galega poderán compartir entre eles”*, infórmase.
>> > Polo que respecta ás linguas da web, dicir que nun primeiro intre
>> > figurará unicamente na nosa lingua, concretou Educación, aínda que nas
>> > sucesivas melloras previstas (que contarán cun carácter continuo) está
>> > previsto a incorporación de castelán e inglés.
>> >
>> > Xesús Vázquez anunciando os avances do proxecto ABALAR
>> >
>> > Cosas que puedes hacer desde aquí:
>> >    - Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de
>> >    Galicia<http://www.google.com/reader/view/feed%2Fhttp%3A%2F%2Fwww.cod
>> >    igocero.com%2Fspip.php%3Fpage%3Dbackend?source=email>con *Google
>> >    Reader*
>> >    - Empezar a utilizar Google
>> >    Reader<http://www.google.com/reader/?source=email>para mantenerte al
>> >    día fácilmente de *todos tus sitios favoritos*
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a